O Concello de Lugo contrata a Tragsa para rematar coa folga do lixo

Tras fracasar as conversas entre Urbaser e os seus traballadores, o alcalde decide unha intervención temporal para garantir a “salubridade” da cidade.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/07/2014 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

48 horas. Ese é o tempo que tardará o Concello de Lugo en “intervir temporalmente” o servizo de limpeza e recollida de lixo na cidade. Unha decisión que adoptou este venres o consistorio á vista de que Urbaser e o seu persoal de traballadores non foron quen de chegar a un acordo ante a folga que se prolonga desde fai máis dun mes.

Lixo acumulado durante a folga en Lugo
Lixo acumulado durante a folga en Lugo

Precisamente, este mesmo venres o Defensor do Paciente pedía a intervención urxente da Fiscalía neste conflito ante un asunto que, di, estase convertendo nun “problema de saúde pública”. Por iso, o alcalde da cidade, José López Orozco, anunciou unha medida que dixo, garantirá que a "situación vai mellorar" a partir da próxima semana, "a poder ser" desde o mesmo luns.

O alcalde destacou que esta decisión é froito dun "novo escenario", que quedou aberto despois de ambas as partes desen este xoves por suspendidas as negociacións."Todo ten que estar en perfectas condicións, tal e como o esixe a Consellería de Sanidade" e "a salubridade" da propia cidade, apuntou.

Por iso, a partir da semana que ven será  Tragsa que se fará cargo do servizo, polo menos de forma temporal. Por iso, incrementará o dispositivo desprazado a Lugo para cubrir as alertas sanitarias decretadas pola Xunta de Galicia.

Segundo López Orozco, a dirección de "os medios mecánicos" desprazados por parte de Tragsa ao municipio de Lugo recaerá sobre os "técnicos" do propio Concello, pero será a empresa pública a que porá toda esa maquinaria para cumprir de forma escrupulosa "cos servizos mínimos" e para atender ás "alertas sanitarias" decretadas pola Xunta de Galicia.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

É umha boa oportunidade para q o psoe (do psg non falo nada pq está inoperante) demonstre que quer serviços públicos devolvendo o serviço ao concelho e nom dando a concessom a empresas privadas corruptoras.