Por E.P. | Pontevedra | 23/05/2022 | Actualizada ás 17:28
Os Rías Baixas Fest 2022 levantarán o pano do 2 ao 4 de xuño coa décima edición do PortAmérica, unha proposta que une música, natureza e gastronomía e que neste ano regresa á normalidade tras a pandemia, marcando, ademais, o primeiro dos concertos multitudinarios do Xacobeo.
A Azucreira de Portas, un do tres escenarios onde terá lugar o festival, xunto á carballeira e o recinto da Tafona, en Caldas de Reis, acolleu este luns a presentación oficial do evento, que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cualificou de "referencia da industria musical en todo o Estado".
Silva puxo en valor o esforzo e "a extraordinaria idea" que desde hai dez anos plasma a produtora do festival, Esmerarte, baixo a dirección de Kin Martínez, así como a colaboración dos alcaldes de Portas e Caldas, Ricardo Martínez e Juan Manuel Rei, para levar adiante este proxecto.
A presidenta dixo que este décimo PortAmérica "vai ser espectacular e moi especial", xa que, despois de dous anos de pandemia, "a xente está desexosa de ser feliz". "Queremos rir, queremos música, gastronomía, territorio, espazo natural, queremos compromiso co medio ambiente e igualdade e felicito a este evento por promover que haxa novos valores e que sexa paritario e por facer un esforzo porque haxa mulleres visibles no ámbito da alta gastronomía", dixo Silva.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.