Medio Rural defende que deu axudas só a granxas de máis de 10 de vacas por "viabilidade"

O nacionalista Xosé Luís Rivas, Mini, cargou contra a Xunta polo "despropósito de bloquear" o acceso a axudas para máis de 10.000 pequenas explotacións cárnicas en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2022 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, defende que, nas axudas a explotacións cárnicas polo impacto da covid, decidiuse apoiar ás consideradas profesionais porque "eran as que tiñan máis viabilidade".

Así se expresou en resposta ao deputado Xosé Luís Rivas, Mini (BNG), quen esgrimiu a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), por mor dunha denuncia do Sindicato Labrego, que recoñece o dereito das explotacións de menos de 10 vacas abastecedoras a recibir esas axudas pola covid.

No pleno do Parlamento galego, Mini cargou contra a Xunta polo "despropósito de bloquear" o acceso a axudas para máis de 10.000 pequenas explotacións cárnicas en Galicia. Respecto diso, o conselleiro, que se referiu ao Sindicato Labrego como "sindicato amigo" do Bloque, indicou que se tomou como referencia para as axudas a "normativa" que estable o número mínimo para fixar a viabilidade das granxas a longo prazo.

Así mesmo, expuxo que o Goberno galego concedeu uns 7 millóns de euros en axudas directas a máis de 4.600 explotacións de carne. Igualmente, referiuse diferentes medidas para que se consiga un "prezo adecuado" no sector, tales como unha campaña de promoción de Tenreira Galega.

Vacas. Gando bovino.
Vacas. Gando bovino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta