Santiago recupera as fogueiras de San Xoán tras dous anos sen elas pola pandemia

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/05/2022 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela volverá ter este ano fogueiras en espazos públicos na noite de San Xoán, tras dous anos suspendidas por mor dos efectos da pandemia. O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, informou este luns de que a Xunta de Goberno Local aprobou as normas que rexerán este ano para as fogueiras.

San Xoán Castrolandín
San Xoán Castrolandín

Así, explicou, as fogueiras situadas en zonas públicas, de barrios ou asociacións, terán de prazo entre o 1 e o 16 de xuño para presentar a súa solicitude, e no caso das fogueiras privadas, o prazo será entre o 1 e o 22 de xuño.

Esta será a primeira ocasión desde a festa de San Xoán de 2019 que as fogueiras volvan aos espazos públicos de Santiago. A pandemia de covid-19 limitounas a eventos privados tanto no ano 2020 como en 2021.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta