A CIG critica a publicación da OPE de estabilización "sen a identificación de prazas" e con "falta de concreción"

O sindicato denuncia que se realizou "outra negociación chafalleira e sen garantías".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2022 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A CIG emitiu un comunicado este luns no que critica que os decretos da oferta de emprego público de estabilización publicouse no Diario Oficial de Galicia (OEP) "sen a identificación das prazas" e con "falta de concreción" dalgúns "aspectos fundamentais" que "quedarán para a súa decisión no momento das convocatorias".

Segundo a CIG, a "falta de identificación das prazas ofertadas" fai difícil "verificar" o cumprimento dos requisitos da lei estatal e comprobar se o número de prazas ofertadas "coincide coas das listaxes" que facilitou Función Pública.

"E xa adiantamos que as contas de hoxe non coinciden coas listaxes que levou a negociar", remarcou o sindicato, moi crítico co que considera "outra negociación chafalleira e sen garantías".

Oposicións do Sergas no Recinto Feiral de Silleda. XUNTA DE GALICIA
Oposicións do Sergas no Recinto Feiral de Silleda. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta