Detido un veciño de Vilarmaior que fuxiu tras atropelar un garda civil nun control

Está acusado dun delito de atentado contra a autoridade e doutro contra a seguridade viaria.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/06/2022 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña informou da detención dun condutor, veciño de Vilarmaior, como presunto autor dun delito de atentado contra axente da autoridade e outro delito contra a seguridade viaria.

Vehículo da Garda Civil
Vehículo da Garda Civil | Fonte: Alberto Ruiz - Europa Press.

Os feitos ocorreron o pasado día 25 de maio, cando compoñentes do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol realizaban un control na estrada DP-4803, entre as localidades de Miño e Pontedeume. Os efectivos actuantes observaron que un turismo se aproximaba ao momento no que se atopaba, procedendo a darlle o alto para realizar ao seu condutor as correspondentes probas.

Ante os sinais dos gardas civís o condutor do vehículo detivo o mesmo, pero ao achegarse un dos axentes ao turismo, o condutor acelerou bruscamente e iniciou a marcha atropelando ao garda civil.

Tras atender o atropelado, comprobando que presentaba diversos traumatismos e erosións aínda que non revestían gravidade, a Garda Civil iniciou un dispositivo de procura e localización do condutor fuxido.

Unha hora máis tarde foi localizado e detido no seu domicilio como presunto autor dun delito de atentado contra axente da autoridade e outro delito contra a seguridade viaria por conducir un vehículo a motor carecendo da correspondente autorización administrativa por perda de vixencia da mesma.

O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ferrol, enfrontándose a penas que poderían incluír a privación de liberdade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta