"A terra é quen máis ordena!"... tamén en Pontevedra

Os Xardíns que Falan conmemoran o 50 aniversario do Día Mundial do Medio Ambiente cunha espectacular intervención artística e floral.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 03/06/2022 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Os Xardíns que Falan volven sacar o seu lado máis reivindicativo co gallo do 50 aniversario do Día Mundial do Medio Ambiente (que se celebra este domingo 5 de xuño) a través dunha intervención artística e floral realizada na Praza da Ferrería e protagonizada por un enorme globo terráqueo suxeitado por unha man que se lle serve de soporte.

Os Xardíns que Falan conmemoran o 50 aniversario do Día Mundial do Medio Ambiente cunha espectacular intervención artística e floral
Os Xardíns que Falan conmemoran o 50 aniversario do Día Mundial do Medio Ambiente cunha espectacular intervención artística e floral | Fonte: Concello de Pontevedra

O novo arranxo que a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural lle encomendou á firma especializada Troquiña está presidido por un cartel conmemorativo co lema ‘A Terra é quen máis ordena!’ e unha composición floral cunha enorme variedade de especies: gunnera manicata, salvia nemorosa Blue Queen, hedra, hosta, leptospermun Mesmer Eyes, achillea milefolium Paprika, andrómeda polifolia Nikko, limonium perezii e Rosal de Fairy.

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, achegouse este venres ata os xardíns de San Francisco, acompañado polo tenente de alcalde, Tino Fernández, e polos edís socialistas Yoya Blanco e Marcos Rey, para supervisar o resultado “dunha das intervencións artísticas máis impresionantes das que se teñen feito no marco do proxecto Xardíns que Falan", indicaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta