Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/07/2014 | Actualizada ás 08:30
Luciano Prado compareceu este martes nos xulgados de Lugo. Non foi como imputado, senón como testemuña. A xuíza Pilar de Lara chamouno a declarar para ser interrogado sobre aspectos vinculados á Operación Pokemon, principalmente, a peza que investiga as actividades do grupo Vendex e as súas supostas manobras ilegais para facerse con contratos e concesións públicas en diversas administracións galegas.
De feito, o nome de Luciano Prado figura, precisamente, na providencia asinada pola xuíza instrutora o pasado 14 de xullo. O seu nome aparece en varias conversas da Operación Pokemon, sobre todo, en temas delicados que, nese momento, investigaba a xuíza.
Prado é o avogado de Ángel Espadas, un dos principais encausados nesta operación, e en parte destas conversas co seu cliente fala das irregularidades en expedientes, imputacións e mesmo de teléfonos pinchados. Pero o que máis chamou a atención destas conversas do sumario foi as declaracións que fixo sobre unhas famosas fotos de Feijóo.
Nunha conversa que manteń con Espadas o 18 de abril de 2012, Prado fala de moitas cousas, entre elas, das tensións que había no Concello de Santiago e do "dano" que algunhas concelleiras lle tiñan causado a súa irmá, Paula Prado. "Ayer se pasó todo el día llorando", chégalle a comentar a Ángel Espadas en alusión ao seu veto para que accedera á acaldía, a pesares de ser a favorita da dirección do PPdeG.
"O sea que aqui hay que jugar eh, jugar las cartas , ni Diego Calvo, ni el otro ni el de la moto ni San Pedro. Estoy hasta los cojones, no, yo vi ayer a Paula llorando allí de una manera y y esto fue una carnicería, una carnicería Angel que no se la consiento yo al perico mano este eh, no, no, no, no, y el presidente ya se puede poner las pilas porque va a tener un problema serio eh, con independencia de sus fotos que esa es otra, que esa es otra".
Segundo algunhas fontes, estas fotos das que fala Luciano Prado supostamente serían as que saltarían aos medios un ano despois, as de Feijóo co narco Marcial Dorado. "que espabile, que es lo que tiene que hacer", di del. "Luciano hay fotos ya hace un año", comentalle Espadas. "Pues mira van a perder, van a perder, no van a perder la alcaldía que esto es lo de menos, van a perder la Xunta", engade Luciano Prado.
A tensión no Concello de Santiago era máxima. Conde Roa acababa de dimitir pola súa imputación nun fraude a Facenda. Impuxera como condición que Ángel Currás fora o seu sucesor. Paula Prado era a gran prexudicada e culpaba desta situación, ademais do ex alcalde, a algunhas das súas compañeiras de corporación.
Ese día, o seu irmán pasa todo o día na Audiencia provincial da Coruña. Mantén xuntanzas con varios maxistrados --"con Mella, estoy con Miguez, estoy con, con Carballal, ya te digo estoy con cuatro o cinco magistrados"- e fala con Espadas de duas cuestións moi relevantes para o PPdeG e que poden acabar con varias edís de Compostela imputadas e co propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén imputado... Ou iso é o que cre el nese momento.
Así, anuncia que a Fiscalía vaise querelar contra tres concelleiras de Santiago, entre elas, María Pardo e Cecilia Sierra. "Yo no las voy a firmar, se las voy a dar a un compañero de Coruña, pero le cae una querella a cada una...va anónimo, va fiscalía, van querellas de fiscalia.. una es una licencia de un aparcamiento, otra es un tema económico, un concurso", di Luciano Prado. Detrás deste tema está "uno de los empresarios de Santiago más fuertes que hay en el mundo". "Me dijo : Luciano, este es un tema mío y es un capricho personal bueno hombre... sí, si, sí, sí, sí, si, quiere joder a las tres y le importa un huevo gastar el dinero que haya que gastar este es un capricho personal , es un capricho personal contra , contra el amigo Gerardo. Yo no voy a hablar nada con el porque no quiero ni que me graben ni hablar hostias benditas, este, este hijo de puta lo merece y lo merece bien además", engade.
Precisamente, en parte esa situación está provocada polo "pelotazo" da Finca do Espiño. Nesta operación, o ex alcalde mesmo chegou a modificar o convenio urbanístico e a fichar a un novo xefe de urbanismo a proposta da propia empresa promotara, Layetana, co obxectivo de que fora favorable aos seus intereses. "Es que a lo mejor lo del Espiño no es como el cree, eh, a lo mejor los sesenta millones que se va a llevar de ahi no, no van ser gratis... que , que haga lo que quiera Currás que a lo mejor hay problemas para todo el mundo", apunta Luciano Prado.
Tamén di que na Audiencia Provincial da Coruña xa están ao tanto desta operación. Mesmo asegura que "ya hace 30 días que hay teléfonos pinchados" e, por iso, non quere falar con Conde Roa. "Es un hijo de puta , este es un hijo de puta , como nos engañó, como nos engañó a todos, yo tengo una decepción personal y, y , ya no profesional si no personal tan grande, tan grande que no te lo imaginas...no te lo imaginas, todo esto va por el tema del pago del Espiño, ¡hombre no me jodas!,¡ hombre no me jodas! ¿quién es este mierdas hombre?... calma ninguna que lo sabe el Presidente de, de la Audiencia de Coruña y lo sabe todo dios ahora".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.