Por Lois Pérez Leira | Vigo | 30/07/2014 | Actualizada ás 11:00
Benigno Santamaría Pérez naceu na Comarca do Ribeiro en Ourense cando finalizaba o século XIX. Con Maria, a súa nai, embarcou en Vigo e despois dunha verdadeira odisea marítima, chegou ao porto de La Habana, cando Cuba daba os seus primeiros pasos como país independente.
Na illa coñece a Joaquina Cuadrado nada en Salamanca en 1902, con quen casa en 1920. O novo matrimonio trasládase a Encrucijada, Provincia de Las Villas. Alí Benigno traballaba como xefe do taller da carpintaría da Central Constancia. Naquel lugar naceron os seus fillos Haydée en (1922) Aída, Aldo, Abel (20 de outubro de 1927) e Ada.
"En xeral compartiámolo todo. O noso eran un clan, os irmáns xuntos, eu diría que directamente, que non en contra dos nosos pais, pero si en defensa de nós mesmos." Cóntanos Aldo. "Había que estar exactamente ás doce para xantar, cada un tiña o seu posto e o meu pai era o que dirixía a mesa”.
Os Santamaría vivían nunha casa de madeira con tres cuartos, nun deles compartían a cama Aldo e Abel. Unha das poucas diversións daqueles anos era escoitar a radio. Como correspondía naquelas épocas, Benigno cando estaba na casa puña os noticieiros, para saber que estaba a pasar no mundo. Mentres que os seus fillos preferían as transmisións de boxeo.
Tanto Haydée como Abel e os seus irmáns tiveron como mestre de escola a Eusebio Lima Recio. Naquela escola pública ían todos os nenos do lugar que eran case cen. A escola tiña un salón grande con piso de ladrillos. Eusebio Lima recórdao: "Aquel neno inquedo, de ollos azuis e cabelos louros, o meu mellor alumno, facía preguntas moi profundas cuxas respostas esixían análises, era o máis destacado en clases e actos cívicos. Compartiu comigo cinco graos primarios, a partir de 1936. Un 24 de febreiro, representou a un mambí e antes, un 28 de xaneiro, conquistara o Bico da Patria, premio que confería o Ministerio de Educación á mellor composición martiana".
Os domingos a diversión de Abel e Aldo era ir camiñando ata Encrucijada onde daban un paseo polo parque e de paso, miraban ás mozas que facían o mesmo que eles: Pasear e mirarse de esguello. Se lograban algunha conquista amorosa, invitábanas a tomar un xeado.
A mediados dos anos trinta Aldo trasládase cos seus avós maternos a Salamanca de onde eran orixinarios. Chega durante a segunda república e vive os momentos difíciles da guerra civil. Pola noite era case unha rutina naquel fogar escoitar as noticias da guerra civil española. Cuba enviara a moitos voluntarios a pelexar polo bando republicano. Abel estaba moi interesado en todo o que sucedía en España. Na súa casa este tema era parte do debate diario. Por outra banda Aldo estaba en España e a familia sentía preocupación por todo o que sucedía. Tras o trunfo do franquismo Aldo viviu unha longa tempada baixo aquel réxime. Ao regresar daquela longa estadía Abel pasaba o tempo preguntando sobre como era aquel país: "El ponse a investigarme –cóntanos Aldo– a preguntarme de alá, pois eu viña dunha zona do campo español, pasara moitas co franquismo e tiven que traballar moi duro sendo neno, á beira do lugar onde eu viña; pero el dicía o contrario, que isto estaba moi mal".
Abel apenas terminou a primaria, aos trece anos comezou a traballar no central. Foi mozo de limpeza, despachador de mercancía e finalmente oficinista. Dada a súa preparación pasou a ser axudante dun tío seu, que era case o que administraba o "ingenio". Alí puido coñecer con maior profundidade a situación pola que atravesaban os traballadores. Naquela contorna rural e industrial albisca a urxencia de cambio, escoitando nas reunións sindicais as palabras do famoso "General de las Cañas", Jesús Menéndez.
O mítico líder obreiro Jesús Menéndez vivía en Encrucijada, era descendente de bisavós escravos. En 1928 o seu irmán maior lévao a traballar ao Central Constancia, (hoxe Abel Santamaría), onde ocupou o cargo de purgador de terceira no departamento de fabricación do cru. En 1932 o país inicia a organización dos sindicatos nas centrais azucreiras, sumados de inmediato á loita por aumentos de salario, a xornada de oito horas e outras reivindicacións. Jesús contribuíu a formar e dirixiu o gremio da Central Constancia. O IV Congreso da Unidade Sindical-Habana, 1934, radicalizou o seu quefacer e non abandonou as colleitas de tabaco. Seu prestixio levouno a ser postulado polo Partido Comunista, sendo elixido Representante á Cámara nos comicios de 1940.
Nunha oportunidade, nunha visita á Central, co obxectivo de organizar aos traballadores, Jesús Menéndez foi expulsado polo administrador. Abel xunto a outros compañeiros solidarizáronse con aquel prestixioso líder sindical, protestando iradamente por aquela actitude da patronal.
Para Abel a súa permanencia en Constancia era un freo ao seu desenvolvemento intelectual e político. Tiña interese de seguir o bacharelato para logo ir á Universidade. En 1946 trasládase a La Habana contando coa axuda do seu primo Fito Vázquez Cuadrado. Foi vivir a unha habitación que estaba na azotea dunha casa na rúa Virtudes, 214. Por intermediación de Fito, conseguiu traballo nas oficinas dunha empresa téxtil. Ao mesmo tempo inscribiuse no Instituto de Segundo Ensino. Alí estabelece unha amizade con Rosa Fernández Méndez, que termina sendo a súa amiga entrañabel.
Anos despois ela recórdao: "Usaba óculos redondos con armadura de carei e o nariz era máis ben grande, a boca de beizos moi rosados, ben debuxada e en contradición cos ollos, sempre ría mostrando os seus dentes grandes. Era alto robusto, de tez branca e rosada".
Logo daquel primeiro traballo pasou ás oficinas do taller de reparacións da axencia de autos Pontiac. De día traballaba e pola noite seguía os estudos. Gustáballe a psicoloxía aínda que tiña a intención de facer a carreira de enxeñeiro. Segundo a súa amiga Rosa: "Abel gustaba das festas, o baile, era de moitas amigas e tiña unha certa atracción para as mulleres, pero non era de namorarse facilmente. Máis ben ilusionábase cunha rapariga e cando saía varias veces con ela parecía aburrirse."
Ao pouco tempo de traballar na empresa é nomeado contador tesoureiro da axencia de autos, isto permitiulle ter un mellor salario e poder alugar con Haydée un apartamento no Vedado. A vivenda quedaba en 25, número 164, apartamento 603 entre Infanta e 0. O apartamento tiña dúas pezas, unha habitación, unha sala comedor, cociña e baño.
Ao producirse o golpe militar de Fulgencio Batista, o 10 de marzo de 1952, foron dos primeiros mozos en manifestarse contra o golpe. Abel coñece a Fidel nun acto que se realiza o 1 de maio do mesmo ano, durante a lembranza do asasinato do obreiro Carlos Rodríguez. Será Jesús Montané, quen os presente naquel acto. Ao terminar o mesmo, un grupo de mozos continúan o entusiasta faladoiro, onde Fidel e Abel, coincidían en que había que facer algo urxente contra a ditadura. Así naceu unha gran amizade entre ambos os revolucionarios, sendo posteriormente os xefes do movemento moncadista.
A partir daquel día a casa dos Santamaría convértese no cuartel xeral dos martianos. Era unha especie de pequeno templo patriótico, había un retrato de Chibás, unha figura de Martí e outra de Maceo. Na biblioteca de Abel, tiña libros de Lenin, de Martí, ata tiña El Cantar del Mio Cid e O Quixote. Naquel lugar chegaban todos os días os xefes das células que se ían formando: Boris Luís Santa Coloma, Raúl Gómez García, Pedrito Miret, Tizol, Alcalde, Tascende e Montané entre outros. O apartamento era pequeno pero facíase grande, ás veces eran ata vinte as persoas comendo naquel conspirativo lugar. Mentres Fidel camiñaba pola sala falando con todos, adoutrinando e facendo preparativos.
Por aqueles tempos Abel considera moi importante a súa formación política e ideolóxica. Sentíase profundamente martiano no político e no ideolóxico, decantábase polas ideas do marxismo leninismo. Aldo Santamaría asegura que as lecturas e estudos que Abel facía de Marx, Engels e Lenin, en xeral do socialismo, eran moi importantes xa na súa verdadeira formación.
A súa irmá Haydée relátanos: "Abel estudaba a Martí e non tivo ningún conflito co marxismo, ningún conflito para aspirar á sociedade socialista e comunista. As inquietudes políticas de Abel eran moitas. Ademais lía de todo. Lía moito da revolución Francesa, e naturalmente da revolución Rusa e de todos aqueles que souberon defender a gran Revolución de Outubro, era un mozo que tiña moitas calidades, pero tiña unha que sobresaía: a súa calidade humana extraordinaria. El tiña unha serie de inquietudes políticas grandes, e ademais era xa un estudoso do marxismo nese momento. El tivo a oportunidade de adquirir libros e Fidel orientábao moito. Abel tiña unha gran fe nos seus compañeiros. Esixía a cada un ser profundamente martiano. Lía a todos, non soamente a Lenin. As inquietudes eran tremendas, tan tremendas, que ás veces o considerabamos romántico."
Mentres se organizan os preparativos conspirativos, a preparación militar e a recadación de fondos, Fidel confésalle a Abel cal era exactamente o obxectivo militar que se ía a atacar, para acender a vaga revolucionaria.
O Moncadista Pedro Trigo quen o coñeceu profundamente, cóntanos: "Abel Santamaría, a quen coñecín daquela, pediume un día que citase aos homes do meu grupo para se reunir con eles. Interesouse polo noso nivel de escolaridade e preguntou enseguida cantos liamos a Martí. Algúns o facían; outros, non. E dixo Abel que todos debiamos lelo porque el sería o guía da acción que levariamos adiante e porque era extraordinaria a vixencia do seu pensamento, non só para aqueles momentos, senón para o futuro."
Fidel e Abel consideran que son dadas as condicións para a acción armada e comezan a tomar todas as medidas para iniciar o "copamiento" militar. Os martianos trasládanse ata a cidade de Santiago de Cuba en varios vehículos. O 25 de xullo día festivo en Santiago, concéntranse en distintas casas para descansar e recibir as ordes correspondentes. Abel é o segundo xefe do incipiente exército revolucionario. O Cuartel Moncada, no ano 1953 era a sede do rexemento Antonio Maceo na cidade de Santiago de Cuba, capital da provincia oriental.
Na madrugada dese día, 135 combatentes, vestidos con uniformes do Exército prepárase para o ataque. Organizáronse en tres grupos, o primeiro deles, con Fidel á fronte, atacaría a fortaleza. Os outros dous grupos, mandados respectivamente por Abel Santamaría e Raúl Castro, tratarían de tomar dous importantes edificios contiguos ao cuartel: o Hospital Civil, onde se atendería aos feridos, e o Pazo de Xustiza, onde radicaba a Audiencia, desde cuxa azotea apoiarían a acción principal.
Abel co seu grupo chegou con dous automóbiles tomando por asalto o hospital. Aos poucos minutos comezan os disparos. A falta de coordinación fai que Abel descoñeza o que estaba pasando no cuartel Moncada. Con atraso, chegan Melva e Haydée que saíran no último coche. Ante a forte resistencia dos militares Fidel ordena retirarse. Mentres que Abel xunto ao seu grupo onde estaba o galego Julio Trigo, seguen resistindo. Logo de quedar sen municións os insurxentes están obrigados a renderse.
Nesta acción heroica tres fillos de Galicia son asasinados Abel Santamaría, Julio Trigo e Juan Manuel Ameijeiras (Mel). O propio Fidel cando pronuncia o histórico discurso de “La historia me absolvera”, relata o sucedido:
"En medio das torturas ofrecíanlles a vida, se traizoando a súa posición ideolóxica prestábanse, a declarar falsamente, que Prío deulles o diñeiro, e como eles rexeitaban indignados a proposición, continuaban torturándoos horribelmente. Trrituraronlles os testículos e arrincáronlle os ollos, pero ningún claudicou, nin se ouvíu un queixume nin unha súplica: aínda cando os privaron dos seus órganos virís, seguían sendo mil veces máis homes que todos os seus verdugos xuntos. As fotografías non menten e eses cadáveres aparecen esnaquizados. Ensaiaron outros medios; non podían co valor dos homes e probaron o valor das mulleres. Cun ollo humano ensanguentado nas mans presentáronse un sarxento e varios homes no calabozo onde se atopaban as compañeiras Melba Hernández e Haydée Santamaría, e dirixíndose á última mostrándolle o ollo, dixéronlle: "Este é do teu irmán, se ti non dis o que non quixo dicir, arrincarémoslle o outro." Ela, que quería ao seu valente irmán por encima de todas as cousas, contestoulles chea de dignidade: "Se vostedes arrincáronlle un ollo e el non o dixo, moito menos direino eu." Máis tarde volveron e queimáronas nos brazos con cabichas acesas, ata que para rematar, cheos de despeito, dixéronlle novamente á moza Haydée Santamaría: "Xa non tes noivo porque cho matamos tamén." E ela contestoulles imperturbabel outra vez: "El non está morto, porque morrer pola patria é vivir." Nunca foi posto nun lugar tan alto de heroísmo e dignidade o nome da muller cubana.
Nos anais do crime merece mención de honra o sarxento Eulalio González, do cuartel Moncada, alcumado "O Tigre". Este home non tiña despois o menor empacho para xactarse das súas tristes fazañas. Foi el quen coas súas propias mans asasinou ao noso compañeiro Abel Santamaría. Pero non estaba satisfeito. Un día en que volvía da prisión de Boniato, en cuxos patios sostén unha cría de galos finos, montou o mesmo ómnibus onde viaxaba a nai de Abel. Cando aquel monstro comprendeu de quen se trataba, comezou a referir en alta voz as súas proezas e dixo ben alto para que o oíse a señora vestida de loito: "Pois eu si saquei moitos ollos e penso seguilos sacando" Os saloucos daquela nai ante a afronta covarde que lle infería o propio asasino do seu fillo, expresan mellor que ningunha palabra o oprobio moral sen precedentes que está sufrindo a nosa patria. A esas mesmas nais, cando ían ao cuartel Moncada preguntando polos seus fillos, con cinismo inaudito contestábanlles: "Como non, señora!; vaia velo ao hotel Santa Ifigenia onde llo hospedamos." Ou Cuba non é Cuba, ou os responsábeis destes feitos terán que sufrir un escarmento terríbel! Homes desalmados que insultaban groseramente ao pobo cando se quitaban os chapeus ao paso dos cadáveres dos revolucionarios."
Celia Hart Santamaría filla de Haydée nunha entrevista sinalou:
"E a pesar das torturas que ela tivo que padecer, o horror de ver os ollos do meu tío Abel sobre unha bandexa, utilizados como chantaxe para que denunciase aos compañeiros, Haydée afirmou que os homes non eran malos, ela no Moncada entendeu que era o sistema aquel que tiña que ser cambiado, non o home".
Logo de saír da prisión Haydée participa, xunto ao seu irmán Aldo, da fundación do Movemento 26 de xullo formando parte da súa dirección política. Organizou e participou no alzamento do 30 de novembro de 1956 en Santiago de Cuba, en apoio ao desembarco do Granma. Foi a encargada da realización da primeira edición clandestina de A historia absolverame.
Tamén realizou tarefas nas montañas como combatente. En 1958 viaxou ao estranxeiro a cumprir funcións orientadas polos revolucionarios desde a Serra Maestra. Foi unha das máis destacadas mulleres do exército rebelde xunto a Celia Sánchez e Melba Hernández. Na guerrilla había numerosas mulleres. O 4 de setembro de 1958 fórmase na Serra Maestra o pelotón "Mariana Grajales" do Exército Rebelde, formado exclusivamente por mulleres combatentes.
Co trunfo da Revolución Cubana, Haydée funda en 1959 unha institución cultural que será emblematica entre os intelectuais críticos de todo o mundo: a Casa das Américas. Integrou a Dirección da Federación de Mulleres de Cuba desde a súa fundación en 1961, así como formou parte da Dirección Nacional do Partido Unificado da Revolución Socialista e ao constituírse o Comité Central do PCC, en 1965, pasou a traballar no seu Departamento de Relacións Exteriores. Viaxou á maioría dos países socialistas, tamén a Francia e a España, así como a varios de América Latina e o Caribe, en misións encomendadas pola dirección da Revolución. Participou en varios congresos internacionais, como o Primeiro Congreso de Escritores e Artistas (1961), no Congreso da FDIM, na URSS (1963) e no Congreso do PCUS (1966).
Integrará a presidencia da Organización Latinoamericana de Solidariedade (OLAS), reunida en La Habana en 1967, para coordinar a loita insurreccional en todo o continente.
En 1968 visitou a República Democrática de Viet Nam, onde se entrevistou co presidente Ho Chi Minh. En 1974 foille imposta a orde Ana Betancourt, en 1975 foi reelixida membro do Comité Central do PCC e en 1976 foi seleccionada Deputada á Asemblea Nacional do Poder Popular e membro do Consello de Estado. En 1980 foille entregada a Orde ao Mérito con Grao de Comendador outorgada polo Goberno da República Popular de Polonia. Haydée Santamaría faleceu o 28 de xullo de 1980. Estivo casada con Armando Hart Dávalos, membro do Comité Central de Partido Comunista de Cuba e Director do Centro de Estudos Martianos, ex Ministro de Cultura.
Aldo naceu en Encrucijada como os seus outros irmáns. Cando era un neno foi enviado a Salamanca onde vivíu case 20 anos xunto aos seus avós maternos, retornando na década dos corenta. Cando suceden os acontecementos do Cuartel Moncada, Aldo atopábase no seu pobo natal. Ante a noticia decidiu trasladarse de inmediato a Santiago de Cuba, pois a intuición dicíalle que o seu irmán era un participante activo naquela acción. Alí foi detido por unhas horas polos sicarios da tiranía e soubo a terríbel noticia: o asasinato de Abel e a prisión da súa irmá Haydée "Yeyé". Desde entón a súa vida estivo ligada para sempre ao destino dos moncadistas.
Foi membro da Dirección Nacional do Movemento 26 de xullo e o seu delegado en Matanzas. Estivo preso no chamado Presidio Modelo de Illa de Pinos. En 1957 incorpórase ao Exército Rebelde na Serra Maestra, onde é designado por Fidel para prestar servizos na Comandancia Xeral, e meses despois como director da Escola de Recrutas Ciro Redondo, en Minas de Frío, sendo ascendido a Comandante.
O trunfo da Revolución, significoulle maiores responsabilidades e novas tarefas para o oficial rebelde. Estivo destinado en Minas de Frío ata 1961, ano en que foi designado á fronte das Forzas Blindadas. Logo participou da misión internacionalista en Alxeria e a xefatura da Mariña de Guerra Revolucionaria, cargo que desempeñou durante case dúas décadas. Ocupou importantes tarefas na Secretaría do Ministerio das FAR. Tamén foi deputado á Asemblea Nacional do Poder Popular.
Fundador do Partido Comunista de Cuba, membro do seu Comité Central desde a súa creación en 1965 e ata 1988, Aldo Santamaría puxo toda a súa paixón na última gran tarefa encomendada: a creación da Asociación de Combatentes da Revolución Cubana, da que foi elixido Vicepresidente e secretario executivo na Primeira Conferencia Nacional. Era Vicealmirante retirado. Faleceu o 19 de maio do 2003.
Carta enviada dende a prisión por Haydée Santamaría a seus pais.
Ya estoy en Guanajay. Desde que llegué, iba a escribirles, pero sé sabían de mi estancia aquí por Elena y Manuel y que sabían estaba muy bien.
Creo hace como 15 días estoy aquí y pensé era mejor esperar unos días para escribirles y contarles algo de esto y como son las cosas para venir [a visitarme], y si podían hacerlo y si dejaban entrar niños, para que me trajeran a Carín [Sobrina de Haydée. En ese entonces una bebita]. Pueden decirles que los pueden traer, y las visitas son los domingos de 2 de la tarde a 6.
Ya estoy en Guanajay. Desde que llegué, iba a escribirles, pero sé sabían de mi estancia aquí por Elena y Manuel y que sabían estaba muy bien.
Creo hace como 15 días estoy aquí y pensé era mejor esperar unos días para escribirles y contarles algo de esto y como son las cosas para venir [a visitarme], y si podían hacerlo y si dejaban entrar niños, para que me trajeran a Carín [Sobrina de Haydée. En ese entonces una bebita]. Pueden decirles que los pueden traer, y las visitas son los domingos de 2 de la tarde a 6.
Quiero que sepan que estoy muy bien, [por lo] que ustedes no se preocupen en venir. Todos los domingos vienen muchas personas y nos traen de todo, además, la comida es buena, así que no deben tener preocupaciones. Si creo que el domingo que vengan, que no debe ser más de una vez al mes, me lo comuniquen antes, para [que] ese domingo no vengan más visitas para así poder estar con ustedes y no tener que atender a más gente que sí vienen todos los domingos por ser de aquí. Por eso, deben avisar antes de venir; les repito, estoy de lo mejor, si no fuera por la preocupación de ustedes por mí, y por saber el dolor que tienen al pensar que no tendrán más a Abel [Abel Santamaría, hermano de Haydée, asaltante del cuartel Moncada junto a Fidel, capturado, torturado y asesinado por los torturadores de Batista] con ustedes, pudiera decirles que soy casi feliz. Si ustedes pensaran como yo sobre Abel, pudieran también, si no ser felices, no ser tan desgraciados como sé que son.
Mamá, Nino [sobrenombre cariñoso empleado por Haydée con su padre Benigno Santamaría], sé bien que nada que les diga les quitará esta terrible pena, tal vez cuando pasen los años me entenderán, cuando tengan de verdad la seguridad [de] que ustedes son padres privilegiados, que siempre tendrán a ese hijo, y lo tendrán tal como era, bueno, joven, hermoso, jamás ese hijo será como tendrán a los otros, estos otros se convertirán en viejos, feos, agrios. Abel fue, es y será ese hijo que no envejece, siempre seguirá con su cara tan linda, siempre seguirá para ustedes, para todos nosotros con su fuerza, con su infinita ternura, será quien nos haga ser de verdad buenos, será siempre el guía, y para ustedes, será el hijo más cercano. Piensen bien que ya ustedes han sufrido cambios, cambios tan grandes y bellos, que aunque fuera por eso sólo me conformo, soy casi feliz; Abel los ha hecho cubanos, Abel ha logrado que ustedes amen esta tierra, amen la hermosa tierra donde nació, y creo que es lo único que él amaba más que a ustedes.
Como ustedes pueden pensar, no tendrán más [a] Abel, [pero] si él desde Santa Ifigenia les ha dicho: quieran a Cuba, quieran a Fidel, y ustedes, aunque antes él se lo pidió, es hoy cuando han entendido esa verdad, y yo, si no los viera más a ustedes, sentiría la felicidad de tener siempre padres, porque han sabido ser padres de Abel.
Mamá, Nino, y tú sobre todo Mamá, si me dijiste tantas veces que yo nada más quería [a] Abel, que era el único que me importaba en la familia, y hoy vivo, no soy desgraciada; [¿]Porqué tú no vas a vivir, no ser desgraciada[?].
Van a vivir más que nunca para él, vas a amar lo que tanto amó; puedes dedicarte a defender lo que era la razón de su vida: los trabajadores de Constancia [Central azucarero Constancia. La Revolución Cubana lo bautizó, luego del triunfo, Abel Santamaría Cuadrado], no los Luzarragas [apellido de los terratenientes explotadores de la zona donde vivía la familia Santamaría Cuadrado].
Mamá, ahí tienes [a] Abel, [¿]No te das cuenta Mamá[?]. Abel no nos faltará jamás. Mamá, piensa que Cuba existe y Fidel está vivo para hacer la Cuba que Abel quería. Mamá, piensa que Fidel también te quiere, y que para Abel, Cuba y Fidel eran la misma cosa, y Fidel te necesita mucho. No permitas a ninguna madre te hable mal de Fidel, piensa que eso sí Abel no te lo perdonaría.
Haydée
[escrita no 1953, despois do asalto ao cuartel Moncada,
ao chegar ao cárcere de mulleres de Guanajay]
Abel na lembranza
Abel Santamaría, o segundo comandante da revolución hoxe é recordado co seu nome en distintos lugares públicos de toda Cuba. En La Habana, a súa casa converteuse nun pequeno Museo onde se exhiben algunhas das súas pertenzas. Tamén se realizan actividades de investigación sobre a súa vida.
En 1968 cando nacía a Nova Trova Cubana, Silvio Rodríguez xunto a outros novos cantautores pasaron uns días na casa de Haydée. Ela contáballes nos momentos de conversacións colectivas, como foron os sucesos do Moncada. Aqueles días foron moi frutíferos para todos. Mentres Haydée cociñaba, íalles contando por partes con moita precisión, todos os datos de como sucederan os acontecementos. En cada conversación estaban os recordos do seu irmán asasinado. É así como Silvio Rodríguez oíndoa contar estas historias compuxo a súa Canción do elixido, en homenaxe a Abel Santamaría.
Canción del elegido
(Silvio Rodríguez)
Siempre que se hace una historia
se habla de un viejo, de un niño o de sí,
pero mi historia es difícil:
no voy a hablarles de un hombre común.
Haré la historia de un ser de otro mundo,
de un animal de galaxia.
Es una historia que tiene que ver
con el curso de la Vía Láctea.
Es una historia enterrada.
Es sobre un ser de la nada.
Nació de una tormenta
en el sol de una noche,
el penúltimo mes.
Fue de planeta en planeta
buscando agua potable,
quizás buscando la vida
o buscando la muerte
–eso nunca se sabe–.
Quizás buscando siluetas
o algo semejante
que fuera adorable,
o por lo menos querible,
besable, amable.
Él descubrió que las minas
del rey Salomón
se hallaban en el cielo
y no en el África ardiente,
como pensaba la gente.
Pero las piedras son frías
y le interesaban
calor y alegrías.
Las joyas no tenían alma,
sólo eran espejos,
colores brillantes.
Y al fin bajo hacia la guerra…
¡perdón! quise decir a la tierra.
Supo la historia de un golpe,
sintió en su cabeza
cristales molidos
y comprendió que la guerra
era la paz del futuro:
lo más terrible se aprende enseguida
y lo hermoso nos cuesta la vida.
La última vez lo vi irse
entre el humo y metralla,
contento y desnudo:la familia la
iba matando canallas
con su cañón de futuro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.