Por X.M. Fernández | San Clodio de Ribas de Sil | 31/07/2014 | Actualizada ás 13:00
No 2013 nacía o Technosil, un festival de música electrónica que cun orzamento duns 6.000 euros logrou xuntar a importantes dj’s nacionais e internacionais en Ribas do Sil (San Clodio).
“Foi a primeira edición dun arriscado proxecto pero quedaron moitas ganas de continuar…” segundo nos conta Germán Álvarez, un dos promotores da idea e da continuidade deste evento xunto con José Manuel Álvarez e José Manuel Rodríguez. Así, pois, este ano apostouse forte e triplicouse o orzamento para darlle unha dimensión de Festival de referencia dentro da música techno a nivel de Galicia. De feito, o Technosil 2014 contará con máis e mellores artistas, máis capacidade, máis potencia de son e máis iluminación.
Respecto aos artistas aumentouse o cartel a 17 dj’s, con ampla representación de galegos que suman doce e cinco cabezas de cartel de primeirísima liña: Uto Karem (Italia), Dosem (Barcelona), Filterheadz (Bruxelas), Gabriel D’or & Bordoy (Madrid) e Darkrow (Lugo).
Todo listo xa para que comece a vibrar co mellor techno a Praza do Concello de San Clodio (Ribas de Sil), que será o escenario desta segunda edición do Technosil baixo unha carpa con capacidade para unas 5.000 persoas. Dende a organización confirman zona de acampada con servizos básicos para todos os que pasen noite e servizo de seguridade para os dous días de Festival.
O prezo das entradas é de 20 euros con consumición para os dous días, que se quedará en 17 en venda anticipada.
Listaxe completa de artistas para este Festival Techno:
- Uto Karem (Italia)
- Dosem (Barcelona)
- Filterheadz (Bruxelas)
- Gabriel D’or & Bordoy (Madrid)
- Fernando Mesa (Lugo)
- Darkrow (Lugo)
- Óscar Vizcaíno (Lugo)
- Toni Llamas (Ponferrada)
- Beat Polar (Monforte)
- Mathias Álvarez (Vilagarcía)
- Elías (Quiroga)
- Maceda (Monforte)
- Brais Llano (Lugo).
- Carra (A Rúa).
- Dávila (Quiroga).
- Fraggle Row (Torbeo).
- Fro (Froxán).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.