A Universidade de Santiago entrega a súa Insignia de Ouro a un dos cofundadores da farmacéutica Moderna

O enxeñeiro Robert S. Langer recibe o máximo recoñecemento que outorga a institución académica.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/06/2022 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela distinguiu este venres o profesor, enxeñeiro e cofundador da farmacéutica Moderna, Robert S. Langer, coa Insignia de Ouro da entidade. O máximo recoñecemento que outorga a institución académica subliña as achegas do profesor do Massachusetts Institute of Technology (MIT), considerado unha fonte referencial na liberación intelixente de fármacos e pioneiro na enxeñaría de tecidos.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o reitor da USC, Antonio López, asisten ao acto de entrega da Insignia de Ouro da USC ao investigador Robert Lange
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o reitor da USC, Antonio López, asisten ao acto de entrega da Insignia de Ouro da USC ao investigador Robert Lange | Fonte: Xoán Crespo - Xunta de Galicia.

O reitor da USC, Antonio López, impúxolle este venres esta insignia nun acto institucional que se desenvolveu no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e no que a catedrática da área de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, María José Alonso, presentou a traxectoria do profesor

Na súa exposición, o profesor norteamericano abordou 'As loitas e os soños dun enxeñeiro químico: desde micro e nanopartículas ata tratamentos contra o cancro e vacinas de ARNm'. Así mesmo, a USC subliñou do cofundador de Moderna e de máis de 40 empresas biotecnolóxicas, a súa contribución no campo da liberación de fármacos, desde o descubrimento de novos biomateriais ata a liberación de fármacos complexos como proteínas e moléculas de ARN.

Ademais, puxo en valor que o doutor Langer escribiu máis de 1.250 artigos e as súas patentes, máis de mil, foron licenciadas ou sublicenciadas a máis de 250 empresas farmacéuticas, químicas, biotecnolóxicas e de dispositivos médicos.

Con máis de 200 premios recibidos ao longo da súa traxectoria, Langer foi recoñecido en 2008 co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica. Entre os múltiples galardóns recibidos, tamén destacan a Medalla Nacional da Ciencia de EstadosUnidos (2006) e a Medalla Nacional de Tecnoloxía e Innovación de Estados Unidos (2011), entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta