Deseñan xa plans antifraude para que se executen ben os fondos Next Generation

A Deputación da Coruña deseña o primeiro plan antifraude para xestinar estes fondos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña levará a pleno este xoves unha proposta de aprobación do Plan Xeral de Prevención de Riscos e Medidas Antifraude, que ten o obxectivo principal de garantir unha adecuada xestión dos fondos europeos Next Generation, segundo informa.

Coa aplicación desta nova ferramenta, a Deputación comprométese a reforzar "unhas prácticas en todos os seus estamentos que non deixen ningunha marxe de actuación a condutas irregulares, corruptas ou fraudulentas e que, en tal caso,se detecten e se recuperen para o erario público os fondos mal aplicados no prazo máis breve posible".

A posta en funcionamento dos mecanismos antifraude teñen como finalidade principal a protección dos fondos europeos que se canalizan a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O presidente provincial, Valentín González Formoso, destaca a importancia de ter "tolerancia cero coa fraude e apostar por reforzar a transparencia e os mecanismos de bo goberno".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, preside un pleno. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, preside un pleno. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta