O bono aluguer da Xunta para os mozos: 250 euros mensuais para case 4.000 beneficiarios

O 'Bono Alugueiro Mocidade' estará dotada dun orzamento de 23 millóns de euros para 2022 e 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2022 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este xoves a convocatoria dos bonos aluguer para mozos, que achegarán 250 euros mensuais durante dous anos para case 4.000 beneficiarios de entre 18 e 35 anos cunha fonte regular de ingresos.

Na súa comparecencia posterior á reunión semanal do Consello, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que esta liña, bautizada como 'Bono Alugueiro Mocidade', estará dotada dun orzamento de 23 millóns de euros para 2022 e 2023.

Ademais, o Goberno galego aprobou a renovacion do 'Bono Alugueiro Social', que cubrirá a totalidade do aluguer a familias máis vulnerables cun orzamento de 11,2 millóns de euros.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello da Xunta  XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello da Xunta XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta