O dono da Panorama di que non chantaxea aos alcaldes

Ángel Pérez Martínez, alma mater de Espectáculos Lito, estudia demandar ao alcalde Monforte polas súas acusacións. Con todo, admite que rexeita que as súas orquestas compartan escenarios cos doutros promotores e presumiu de contraprogramar as festas de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Caldas de Reis | 09/08/2014 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Nun comunicado público, o representante da Panorama, Paris de Noia e -segundo el- o 40% das orquestas do verán en Galicia desmente ao alcalde de Monforte. Severino Rodríguez acusouno publicamente de cancelar unha actuación apalabrada na vila ao non facerse Espectáculos Lito co concurso das festas patronais. O político asegura tamén que Lito tratou de represariar a Monforte, ofrecendo concertos da Panorama nos municipios veciños durante as festas patronais e a metade de prezo.

Cantantes da Orquesta Panorama
Cantantes da Orquesta Panorama | Fonte: orquestas5c.blogspot.com

O propio Lito recoñeceu en La Voz que montou un concerto do famoso grupo no Eixo, ao carón de Santiago, o día final das festas da Ascensión enfadado porque a capital de Galicia non lle contratara nada. É dicir, algo similar á acusación que lle fixo Rodríguez. Con todo, agora o representante asegura que respecta "absolutamente" o resultado do concurso público en Monforte. Iso si, láiase de que, de acordo a súa versión, cambiaran as condicións a "última hora".

O empresario de Espectáculos Lito, que revolucionou o sector das verbenas no país a partir dos 80, defende a súa política comercial. Os grandes nomes de Espectáculos Lito non comparten cartel con bandas doutros representantes. Agora ben, nega que use o enorme tirón dos seus combos para forzar contratacións públicas. Así, salienta que leva 30 anos no sector traballando con municipios gobernados por formacións de todas as ideoloxías.

O creador da Panorma dá unha versión contraditoria a do Alcalde. Recoñece que si falou co edil, pero nega que houbese contrato con Monforte, nin escrito nin de palabra. Por iso, esixe unha rectificación pública, no caso contrario di que estudia medidas legais.

Lito Martínez, de Espectáculos Litos, entregando un cheque para a loita contra o cancro
Lito Martínez, de Espectáculos Litos, entregando un cheque para a loita contra o cancro | Fonte: orquestabysantos5c
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 viriato

É uma orquestra muito ruim, não sei como é possível que tenha tantos fãs lá na Galiza.

4 AEAT+SeguridadSocial

Un buen pájaro Lito y sus compañías...

3 Isolacionista radical

Horteradas pra pailans.

2 Gz14

Panorama e outras orquestras q venden lucerio e música de garrafón a prezos exorbitantes gústalle a unha parte importante da poboacion galega pero non a toda. Hai orquestras de verbena, grupos de folk e rock e músicos de infinita calidade no noso país que non encheran os torreiros pero amijiños... Os Concellos quieren ter festas multitudinarias a costa de cualquier cousa... Que mais ten....os cartos son de todos....

1 calquera

viva a charanga NBA de betanzos