Comezan os campamentos da Deputación de Pontevedra na Lanzada coa chegada de 140 nenos e nenas

Tras dous anos de parón provocados pola pandemia, a Deputación de Pontevedra recupera estes campamentos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2022 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Os campamentos de verán que a Deputación de Pontevedra organiza na Lanzada --O Grove-- arrincaron esta semana cun do oito grupos que levarán ao centro de vacacións a un total de 140 nenos.

Diso informou este martes a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, nunha comparecencia de prensa na que ofreceu os detalles dunha nova edición dos campamentos estivais encadrados en 'DepoAventura'.

En total, este verán hai un total de 1.540 prazas destinadas a nenos da provincia nacidos entre 2009 e 2014. A institución destinou 210 prazas a menores en risco de exclusión social e 25 a alumnado do Centro Príncipe Felipe.

Tras dous anos de parón provocados pola pandemia, a Deputación de Pontevedra recupera estes campamentos. O programa desenvolverase entre o 26 de xuño e o 10 de setembro en 11 quendas de sete días de duración cada unha. A entrada será o domingo pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, e a saída o seguinte sábado, de 10:00 a 12:00 da mañá.

Cada grupo visitará a Illa de Ons e realizará unha segunda excursión relacionada coa natureza e o coidado do medioambiente. Tamén está previsto realizar o tradicional taller para elixir á mascota oficial do programa.

Carmela Silva explicou que baixo o nome 'A Lanzada, un paseo pola historia', a deputación oferta un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, o deporte, o respecto e coñecemento da natureza e a dinamización e o coñecemento multicultural da contorna.

Este ano tamén están previstas actividades co fin de fomentar as vocacións científicas entre os menores participantes nos campamentos.

Praia da Lanzada
Praia da Lanzada | Fonte: Turismo Rías Baixas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta