Inician as obras para ampliar o Hospital Público de Verín cun novo edificio de urxencias

Este martes tamén está previsto que os adxudicatarios das obras procedan tamén á retirada da cuberta do aparcadoiro de persoal, que se sitúa dentro da área de traballos e que quedará pechado nos próximos días por seguridade.

Por E.P. | OURENSE | 28/06/2022 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

Os traballos de ampliación do Hospital Público de Verín comezaron este martes coa colocación do valado que pechará o perímetro da área de construción do futuro edificio de urxencias e a instalación de casetas de obra.

As obras foron adxudicadas á empresa Elecnos Servizos e Proxectos SAU e contan cun investimento da Xunta de 3,9 millóns de euros, informou nun comunicad a área sanitaria de Ourense. Segundo destacou, permitirán realizar, ademais, outras actuacións de mellora enerxética, e dispoñen dun prazo de execución de 11 meses.

O novo edificio, lembran as mesmas fontes sanitarias, acollerá os dous servizos de atención urxente da comarca: o Punto de Atención Continuada (PAC) de Primaria e o Servizo de Urxencias.

Este martes tamén está previsto que os adxudicatarios das obras procedan tamén á retirada da cuberta do aparcadoiro de persoal, que se sitúa dentro da área de traballos e que quedará pechado nos próximos días por seguridade. Por iso, a dirección deste Distrito sanitario solicita a colaboración dos profesionais para reservar as áreas de aparcadoiro máis próximas á entrada para os pacientes.

APARCADOIRO

As mesmas fontes destacan que as prazas de aparcadoiro do persoal que se ocupan agora (61) aumentarán ao termo das obras coas novas que se habilitan na zona oeste.

Así, o aparcadoiro quedará centralizado nun único lugar, e poderán asignarse prazas separadas para persoal e para visitas. O número total de espazos de estacionamento dispoñibles finalmente en toda a parcela ascenderá a 204, mientra que ata agora había 167.

Inicio das obras de ampliación do Hospital Público de Verín.. ÁREA SANITARIA DE OURENSE
Inicio das obras de ampliación do Hospital Público de Verín.. ÁREA SANITARIA DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta