Temas: MúSICA

Agridoce edición do Festival Brincadeira

Discreto resultado, pois o bo sabor de boca no artístico queda deslucido polo tempo e a pouca afluencia de público.

Por GC Tendencias | Santiago | 11/08/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia
A derradeira xornada do Brincadeira seguiu a tónica dos días anteriores, maior afluencia de público pero moi lonxe das expectativas dos organizadores. Igual que o venres, non axudou o tempo nen o feito de que gran parte do target do festival estivera brincando na Praia de Riazor, onde fai dez anos, Gloria Gaynor se presentaba de balde grazas a aquel esplendido Xacobeo do dispendio artístico.

O Leo con Das Kapital no Brincadeira
O Leo con Das Kapital no Brincadeira

No plano meramente musical foron tres días de diversión a esgalla, trátase dun festival para quitarse os prexuizos e pasalo ben, coma na boda dun amigo, ainda así houbo sorpresas que desprenderon bastante calidade.

Salientable é o bo estado da música feita na Galiza: extraordinario Xenderal, o nivelazo dos sons do Soundsystem ou do hip hop da escea ordense con SOKRAMou García MC, o fantástico peche a cargo da Familia Caamagno -do mellorciño- ou descubrementos como os xovencísimos Ivy Moon

Quizais quede no debe do programa a travesía no deserto -enriba pasada por auga- de Los Chavales ou Agoraphobia, -relegados ambos á última hora do xoves nun claro fallo de cálculo da organización-, similar o que lle ocorreu ás actuacións duns sobradísimos e impresionantes Fluzo ou Das Kapital, nun escenario e hora que lonxe de aportar, restoulles moitísimo.

As propostas foráneas das letras grandes cumpliron, sen máis. Gloria Gaynor, visiblemente cansa, fixo o seu traballo -desempolvando os éxitos da bola brillante da discoteca-, Fangoria puxeron o glamour electrónico que os caracteriza -se ben a sombra de Dinarama ainda asemella ser moi alongada-, Fuel Fandango ou Pony Bravo que entretiveron sen aportar moito ou un Georgie Dann que agasallou cun bulideiro show, repasando a súa carreira a base de megahits veraniegos que alomenos sacaou o sorriso dos presentes. 

Tamén houbo clarescuros coma os Inspector Cluzo -con ganas, ainda que bastante alleos, excesivamente parlanchíns e algo fora de contexto-, Powersolo -con moito altibaixo, sendo unha mímese dos Heavy Trash de Jon Spencer dos que xa foran teloeiros hai uns cantos anos-, ou uns moi vidos a menos Bad Manners, desprendendo troula na choiva, ainda que xa resultan algo rancios e cansinos.

Hippies no Brincadeira 2014
Hippies no Brincadeira 2014
A un gran nivel estiveron algunhas das propostas estatáis coma Freedonia co se ufunky de alto grado -cun ollo posto nos grandes dos 70's coma Curtis Mayfield, osWomack & Womack ou o James Brown máis afro-. Guadalupe Plata quenes case sen público deixaron a súa impronta ou uns Arizona Baby que a base de ganas e oficio sacudiron aos poucos asistentes.. 

De esquecible pódese tachar a actuación dos rapeiros Lory Money, que só deberon de gustar ós seus fans. Moito exceso e pouco conti.do

Por outra banda, estreábase nesta edición o escenario adicado á comedia, o Brincadeira Show, coa volta do exilio de Chévere a Compostela e a súa fantástica Ultranoite musical -de longo do mellor dos tres días neste espazo-, o sempre polémico Ignatius Farray -un pouco desubicado- ou o inclasificable e divertido show de Zan Hoffman.


Como canta Alaska "No quiero más dramas en mi vida, sólo comedias entretenidas", eso é o que semella este festival: unha comedia entretida sen pretensións, apta para todos os públicos e cuns precios máis que axustados, cunha organización que aparentemente funcionou moi ben -só algúns problemas eléctricos e de son nun dos palcos o primeiro día, a inexistencia do anunciado supemercado 24h ou a falla de limpieza nos tres días dos baños do camping foron as queixas dos asistentes- e o descubremento dun novo espazo musical para a cidade -o perímetro superior do auditorio Monte do Gozo- que ate o de agora ficaba desaproveitado.  


A resaca chega agora en forma de números para os organizadores que, a bo seguro, andarán a pensar en que erraron, pois o único que faltou nesta Brincadeira foi o imprescindible, o público. Toca reflexión e pode que replantexarse o modelo; ainda que como di Gloria Gaynor "I Will Survive"

Das Kapital no Brincadeira 2014
Das Kapital no Brincadeira 2014
Asitentes no Brincadeira 2014
Asitentes no Brincadeira 2014
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 gloria

Os alto asalto? Os ruxe? Toni lomba?....e pk nn son de ordes? En fin

1 Un que alí estivo

E qué pasou cos Superoito, cos Ruxe, con Tony Lomba...??? Non fixeron nada reseñable? Acaso non tocaron? Ou quizais non o fixeron ben? Repasades a uns 30 artistas do festival e deixades sin mención (para ben ou para mal) a tres propostas da terra....manda carallo... :(