A Xunta apura a tramitación da planta de hidróxeno de Reganosa e EDP nas Pontes

Supoñerá ata 165 millóns de euros de investimento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2022 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

A iniciativa promovida por Reganosa e EDP Renovables para instalar unha planta pioneira de produción de hidróxeno verde nas Pontes suporá un investimento de ata 165 millóns de euros e aspira a xerar máis de 300 empregos --210 na construción e outros 100 tras a súa posta en marcha, a metade directos e a outra metade inducidos--.

Ademais, será a primeira iniciativa en Galicia que a Xunta tramitará como proxecto industrial estratéxico (PE), o que axilizará os prazos e facilitará a materialización dunha planta que terá unha capacidade inicial de 20 megawatts, que se poderá aumentar ata os 100 megawatts, e poderá producir 14.400 toneladas de hidróxeno que evitarán as emisións de 150.000 toneladas de CO2.

Así o trasladou o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, quen se reuniu, xunto co vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, co presidente e co director xeral de Reganosa, Carlos Collantes e Emilio Bruquetas, respectivamente, e coa directora xeral en España de EDP Renovables, Rocío Sicre, para abordar esta iniciativa.

Analizaron un proxecto de futuro que, segundo coincidiron, permitirá "reindustrializar a localidade" e, con ela, achegar "novas oportunidades" para a contorna e para a industria galega. O obxectivo, segundo verbalizou o presidente de Reganosa, é que a planta estea a funcionar no ano 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente de Reganosa, Carlos Collantes.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente de Reganosa, Carlos Collantes.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta