Reflexións sobre o novo protocolo de detencións

A Coordenadora para a Prevención contra a Tortura remite un comunicado sobre o novo Protocolo relativo a Detencións polas Forzas de Seguranza do Estado...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/10/2007 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia
 

1º. Constitui un recoñecimento implícito da existéncia da tortura e maus tratos policiais, mais

2º. Desatende as recomendacións internacionais efectuadas ao Estado español polo Relator Especial das Nacións Unidas para a Cuestión da Tortura, o Comité Contra a Tortura das Nacións Unidas ou o Comité Europeu para a Prevención da Tortura, entre outras instituicions, porcanto:

a)      Mantén inalterado o rexime de detención incomunicada e o rexime de isolamento penitenciário, propiciando-se asi as condicións que facilitan a prática e impunidade da tortura e dotan de sistematicidade o seu exercício. Aliás, as persoas detidas sob este rexime de incomunicación, son excluídas do direito de aceso a asisténcia letrada da sua confianza ou do direito a informar a sua família e achegados do feito e lugar da sua detención, asi como do seu estado de saúde e situación xudicial. Con o que se perpetua un sistema dual de excepción que contravén, como mínimo, calquer princípio de igualdade perante a lei.

b)      Non garante, en nengun caso, o direito das persoas detidas a seren examinadas por persoal médico da sua confianza, limitando-se a acordar o seu recoñecimento por un médico  "dependente do Estado ou doutras Administracións Públicas".

c)      Non regula a gravación dos interrogatórios a que son submetidas as persoas privadas de liberdade.

En definitiva, esta instrución, se ben apresenta alguns aspectos positivos, é claramente insuficiente para a prevención da tortura e dos maus tratos e elude o recoñecimento claro e explícito da prática da tortura no Estado español, o que constitui un requisito básico para afrontar con vontade a prevención e erradicación da tortura.

Desde a chamada "transición" publicaron-se instrucións e aprovaron-se decretos, leis… aparentemente enderezados a "garantir os direitos das persoas detidas ou sob custódia policial", mais a publicación ou aprovación destas normas non veu, por agora, acompañada dunha clara vontade política nen da posta en marcha de mecanismos reais e efectivos para garantir eses direitos.

Por iso, desde a Coordenadora para a Prevención da Tortura, reclamamos unha vez mais:

a)      A posta en marcha de todas as medidas solicitadas reiteradamente polas instituicións internacionais e nomeadamente a desaparición de situacións de detención incomunicada e privación de liberdade en rexime de isolamento.

b)      A criación e posta en marcha imediata dos Mecanismos para a Prevención da Tortura previstos no "Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura e Outros Tratamentos ou Penas Cruéis, Desumanos ou Degradantes", asinado e ratificado polo Estado español. Mecanismos que deverán ser de nova criación e realmente independentes dos poderes do Estado, e que deverán estar integrados por persoas que teñan capacidade e coñecimentos profisionais recoñecidos e demostrados, asi como un compromiso firme en matéria de direitos humanos. Mecanismos que deverán garantir que as medidas incluídas nesta instrución agora publicada, e as que deverán ser reguladas nun futuro próximo, sexan levadas à prática de forma efectiva e real.

                                                           Outubro de 2007

 a Coordenadora para a Prevención da Tortura está formada por:

Acció dels Cristians per l'Abolició de la Tortura (ACAT) - Alerta Solidària - Asociación APOYO - Asociación EXIL - Associació Catalana per la Defensa del Drets Humans - Associaçaõ Contra a Exclusão pelo  Desenvolvimento  - Asociación Contra la Tortura - Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia - Asociación Libre de Abogados - Associació Memòria Contra la Tortura - Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) - Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón (ASAPA) - Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos/Euskal Herriko Giza Eskubideen) - Centro de Asesoría y Estudios Sociales (CAES) - Centro de Documentación Contra la Tortura (CDDT) - Comissió de Defensa del Col.legi d'Advocats Barcelona - Comité Anti-Sida de Lugo - Concepción Arenal - Comité de Solidaridad con Euskal Herria de Madrid - Coordinadora Antirrepressiva de Gràcia - Coordinadora Contra la Marginación de Cornellá - Coordinadora de Barrios de Madrid - Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas (CESPP) - Esculca (Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades) - Eskubideak (Euskal Abokatuen Elkartea) - Etxerat (Euskal Errepresaliatu Politikoen Elkartea) - Federacion de Asociacions de Loita contra a Droga - Federación Enlace - Fundación Érguete - Gurasoak - Grupo 17 de Marzo (Sociedad Andaluza de Juristas para la Defensa de los DDHH) - Institut Drets Humans de Catalunya - Justícia i Pau - Movemento polos Dereitos Civis - Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la UB (OSPDH) - PreSOS Extremadura - PreSOS Galiza - Rescat - SalHaketa (Bizkaia) - SalHaketa (Araba) - Sos Racisme Catalunya - Torturaren Aurkako Taldea (TAT) - Santurtziko Torturaren Kontrako Taldea - Xusticia e Sociedade

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Oscar

Paréceme que ti non te estás a falar do mesmo tema ao que se refire o titular.

5 Carlos Martín

Si, home, si, que hai torturas a tutiplén, na escola, nos cárceres, nas familias, nos clubes de fútbol, nos botellóns, nos campamentos da Xunta, nas asociacións de veciños, nos partidos políticos, nos parlamentos, nos puti-clubs, nas tendas de roupa, nos centros comerciais, nos hipermercados, nas igrexas, nas festas de San Froilán, ...
Se non o vedes é porque non queredes.

:-O

4 Oscar

A ver, alalegre; ¿ti coñeces a alguén que sufrise tortura? Se o coñeces, ¿porque non denuncias?
O último caso que coñezo eu no que se falaba de tortura é o dún asasino en serie da zona de Santiago que os seus familiares empapelaron media cidade queixándose de que (o pobriño) non tiña auga quente no cárcere. ¡non te fode, nin moita xente de bén tampouco na súa casa (i eses sí que non fixeron mal a ninguén)!
de acordo palabra por palabra con Suso.

3 Suso

Hostia! Agora vai resultar que o Borbón se encarga desas cousas. Vamos anda, unha cousa é ser republicano -eu o son- e outra botarlle a culpa de todo ao Rei.

2 alalegre

España é igual a Birmania ou a calisquera outros Estados represores e fascistoides que practican a detención incontralada e a tortura.
Amnistia Internacional xa ten denunciado reiteradamente ao Estado Monárquico Español pola violación dos dereitos humanos. Mentras os progres miran para outro lado.