Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/10/2007 | Actualizada ás 20:34
1º. Constitui un recoñecimento implícito da existéncia da tortura e maus tratos policiais, mais
2º. Desatende as recomendacións internacionais efectuadas ao Estado español polo Relator Especial das Nacións Unidas para a Cuestión da Tortura, o Comité Contra a Tortura das Nacións Unidas ou o Comité Europeu para a Prevención da Tortura, entre outras instituicions, porcanto:
a) Mantén inalterado o rexime de detención incomunicada e o rexime de isolamento penitenciário, propiciando-se asi as condicións que facilitan a prática e impunidade da tortura e dotan de sistematicidade o seu exercício. Aliás, as persoas detidas sob este rexime de incomunicación, son excluídas do direito de aceso a asisténcia letrada da sua confianza ou do direito a informar a sua família e achegados do feito e lugar da sua detención, asi como do seu estado de saúde e situación xudicial. Con o que se perpetua un sistema dual de excepción que contravén, como mínimo, calquer princípio de igualdade perante a lei.
b) Non garante, en nengun caso, o direito das persoas detidas a seren examinadas por persoal médico da sua confianza, limitando-se a acordar o seu recoñecimento por un médico "dependente do Estado ou doutras Administracións Públicas".
c) Non regula a gravación dos interrogatórios a que son submetidas as persoas privadas de liberdade.
En definitiva, esta instrución, se ben apresenta alguns aspectos positivos, é claramente insuficiente para a prevención da tortura e dos maus tratos e elude o recoñecimento claro e explícito da prática da tortura no Estado español, o que constitui un requisito básico para afrontar con vontade a prevención e erradicación da tortura.
Desde a chamada "transición" publicaron-se instrucións e aprovaron-se decretos, leis aparentemente enderezados a "garantir os direitos das persoas detidas ou sob custódia policial", mais a publicación ou aprovación destas normas non veu, por agora, acompañada dunha clara vontade política nen da posta en marcha de mecanismos reais e efectivos para garantir eses direitos.
Por iso, desde a Coordenadora para a Prevención da Tortura, reclamamos unha vez mais:
a) A posta en marcha de todas as medidas solicitadas reiteradamente polas instituicións internacionais e nomeadamente a desaparición de situacións de detención incomunicada e privación de liberdade en rexime de isolamento.
b) A criación e posta en marcha imediata dos Mecanismos para a Prevención da Tortura previstos no "Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura e Outros Tratamentos ou Penas Cruéis, Desumanos ou Degradantes", asinado e ratificado polo Estado español. Mecanismos que deverán ser de nova criación e realmente independentes dos poderes do Estado, e que deverán estar integrados por persoas que teñan capacidade e coñecimentos profisionais recoñecidos e demostrados, asi como un compromiso firme en matéria de direitos humanos. Mecanismos que deverán garantir que as medidas incluídas nesta instrución agora publicada, e as que deverán ser reguladas nun futuro próximo, sexan levadas à prática de forma efectiva e real.
Outubro de 2007
a Coordenadora para a Prevención da Tortura está formada por:
Acció dels Cristians per l'Abolició de la Tortura (ACAT) - Alerta Solidària - Asociación APOYO - Asociación EXIL - Associació Catalana per la Defensa del Drets Humans - Associaçaõ Contra a Exclusão pelo Desenvolvimento - Asociación Contra la Tortura - Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia - Asociación Libre de Abogados - Associació Memòria Contra la Tortura - Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) - Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón (ASAPA) - Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos/Euskal Herriko Giza Eskubideen) - Centro de Asesoría y Estudios Sociales (CAES) - Centro de Documentación Contra la Tortura (CDDT) - Comissió de Defensa del Col.legi d'Advocats Barcelona - Comité Anti-Sida de Lugo - Concepción Arenal - Comité de Solidaridad con Euskal Herria de Madrid - Coordinadora Antirrepressiva de Gràcia - Coordinadora Contra la Marginación de Cornellá - Coordinadora de Barrios de Madrid - Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas (CESPP) - Esculca (Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades) - Eskubideak (Euskal Abokatuen Elkartea) - Etxerat (Euskal Errepresaliatu Politikoen Elkartea) - Federacion de Asociacions de Loita contra a Droga - Federación Enlace - Fundación Érguete - Gurasoak - Grupo 17 de Marzo (Sociedad Andaluza de Juristas para la Defensa de los DDHH) - Institut Drets Humans de Catalunya - Justícia i Pau - Movemento polos Dereitos Civis - Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la UB (OSPDH) - PreSOS Extremadura - PreSOS Galiza - Rescat - SalHaketa (Bizkaia) - SalHaketa (Araba) - Sos Racisme Catalunya - Torturaren Aurkako Taldea (TAT) - Santurtziko Torturaren Kontrako Taldea - Xusticia e Sociedade
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.