Carteiros rurais maniféstanse para pedir a Correos un aumento do complemento por uso de vehículo propio

Falan de crítica situación" pola suba dos combustibles.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/07/2022 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Decenas de carteiros rurais de Galicia manifestáronse este sábado polas rúas do centro histórico de Santiago para denunciar a súa "crítica situación" pola suba dos combustibles e pedir a Correos que aumente o complemento por achega do vehículo particular.

Carteiros rurais maniféstanse en Santiago para pedir a Correos un aumento do complemento por uso de vehículo propio
Carteiros rurais maniféstanse en Santiago para pedir a Correos un aumento do complemento por uso de vehículo propio | Fonte: CXT - Europa Press.

Segundo denuncia o sindicato CXT, a comezos de ano a empresa pública "subiu os prezos dos servizos postais case un 20 por cento á cidadanía", pero ese aumento "non o empregou" para subir a compensación por quilómetro percorrido ao persoal que reparte a correspondencia con medios propios.

Correos paga 23 céntimos por quilómetro, unha compensación que a organización ve "totalmente insuficiente e anacrónica", xa que foi marcada no ano 2011 e nos últimos meses produciuse unha suba do prezo sen precedentes. Isto fixo que "unha gran parte do persoal rural teña literalmente que comezar a pór diñeiro do seu peto" para traballar.

Así mesmo, os manifestantes advertiron que son "numerosas" as persoas que solicitaron á compañía pública que lles achegue vehículos de empresa, pero estes "non chegan".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta