Aumentan os pasaxeiros no aeroporto de Santiago mentres caen na Coruña e Vigo

Un total de 307.168 pasaxeiros pasaron pola terminal da capital de Galicia, un 16,7% máis que no mes de maio de 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O aeroporto Rosalía de Castro-Santiago de Compostela rexistrou un aumento do 16,7% no número de pasaxeiros que pasaron pola terminal compostelá no mes de maio respecto das cifras do último ano prepandemia.

Así figura nos datos publicados este martes por Aena, que reflicten un descenso nas cifras de pasaxeiros nos outros dous aeroportos galegos, o da Coruña e o de Vigo, que experimentan caídas do 28,3% e o 15,4%, respectivamente. Deste xeito, un total de 307.168 pasaxeiros pasaron pola terminal da capital de Galicia, un 16,7% máis que no mes de maio de 2019 e un 331,3% máis que en 2021, ano marcado polas restricións da pandemia.

Por contra, o aeroporto de Alvedro tivo no quinto mes de 2022 85.255 pasaxeiros, o que representa un descenso do 28,3% en comparación con 2019. En Peinador (Vigo) tamén se produce unha caída aínda que menos pronunciada que na terminal coruñesa, aínda que esta recibiu a máis pasaxeiros. Así, pasaron en maio por Vigo un total de 75.466 persoas, un 15,4% menos que no último mes de maio sen pandemia.

O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais.
O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta