O Morriña Fest ofrece seis concertos gratuítos nos arredores do estadio de Riazor na Coruña

Escuchando elefantes, Silvia Penide, Astrogirl, Carlos Bau, Wetsocks e Os Piñeiros conforman o cartel impulsado polo Concello.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña ofrecerá seis concertos gratuítos no exterior do estadio de Riazor durante a celebración da Morriña Festival. O vindeiro venres 15 de xullo actuarán Escuchando elefantes, Silvia Penide e Astrogirl; e o sábado 16, os protagonistas serán Carlos Bau, Wetsocks e Os Piñeiros.

Para o desenvolvemento destes espectáculos e do propio festival están a realizarse traballos de preparación no exterior do estadio. Por este motivo, desde este martes ata o vindeiro domingo reordenarase o tráfico da zona. O Morriña Festival celebrarase o próximo fin de semana no estadio de Riazor coa presenza de artistas internacionais como Maluma, Black Eyes Peas, Franz Ferdinand e Crystal Fighters.

As portas abriranse ás 16,00 horas o venres; e unha hora antes, na xornada do sábado.

Arquivo - A cantautora Silvia Penide, durante un concerto. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - A cantautora Silvia Penide, durante un concerto. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta