Temas: LINGUA GALEGA

O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz recolle "cheo de alegría" a medalla de ouro da provincia de Ourense

Faino pola súa traxectoria comprometida coa defensa do idioma e da cultura de Galicia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/07/2022 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz recolleu este luns a medalla de ouro da provincia de Ourense pola súa traxectoria comprometida coa defensa do idioma galego e da cultura galega. A distinción fora concedida a este veciño de Trasmirás no pleno da Deputación do 25 de outubro de 2019, pero non foi ata hoxe cando Estraviz recolleu a medalla, un recoñecemento que, dixo, lle enche " de alegría" porque sente "un gran orgullo de nacer nesta terra" á que quere e ama "apaixonadamente".

Manuel Baltar (presidente da Deputación de Ourense) con Isaac  Alonso Estraviz
Manuel Baltar (presidente da Deputación de Ourense) con Isaac Alonso Estraviz | Fonte: Deputación de Ourense.

O lexicógrafo ourensán dedicou a medalla aos seus pais, irmáns e ao Pai Plácido do Mosteiro de Oseira. Ademais agradeceu que a distinción fose concedida por unanimidade. Así, manifestou sentirse "orgulloso de ser galego" comprobando a través dos seus traballos "o asombrosamente rico que é o noso rural, por lingua, vocabulario e cultura"; unha lingua que ademais cualificou como "a máis bela e rica das derivadas do latín" e pola que pediu "loitar con paixón para que floreza xunto coa cultura como en tempos pasados".

Temas: LINGUA GALEGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta