A Coruña, pioneira do Estado na creación dun Plan de Igualdade no Deporte

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/07/2022 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña converteuse no primeiro municipio do Estado en poñer en marcha a elaboración dun Plan de Igualdade no Deporte. A iniciativa xurdiu do debate iniciado pola Comisión de Igualdade creada por decisión do Consello Municipal do Deporte e que está presidido pola alcaldesa, Inés Rey.

A partir de setembro, comezará a traballarse en profundidade nas bases deste regulamento coa idea de facer un diagnóstico cualitativo e cuantitativo da situación das mulleres no deporte coruñés. Desde a Concellaría de Deportes, que dirixe Mónica Martínez, pediron a "máxima colaboración de todas as entidades e clubs relacionados co deporte".

"A pesar dos avances, o campo deportivo continúa sendo un dos que conta con maior brecha de xénero. Isto pódese ver non só no número de equipos e deportistas femininas, senón tamén na súa pouca presenza en estamentos técnicos, arbitrais e de xestión", dixo a alcaldesa, Inés Rey.

Adestramento do equipo de Roller Derby da Coruña, As Brigantias
Adestramento do equipo de Roller Derby da Coruña, As Brigantias | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta