O Sergas usará intelixencia artificial e 'big data' para identificar a hepatite C en Galicia

O método permitiu detectar case un cento de novos pacientes en seis meses en toda a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/07/2022 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

O Sergas replicará no resto de Galicia a partir de setembro, a identificación da hepatite C con intelixencia artificial e 'big data' posta en marcha polo Servizo Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) en 2018.

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal.

Recoñecido durante dous anos consecutivos co galardón 'Best in Class', o Dixestivo do CHUP é un servizo "de referencia" na abordaxe das hepatites virais, en concreto da hepatite C, e leva cinco anos utilizando este método.

O proxecto de utilización destas tecnoloxías permitiu detectar, en só seis meses, case un cento de novos pacientes en toda a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo informou a Xunta mediante un comunicado.

Así mesmo, o Servizo de Dixestivo do Hospital de Montecelo (Pontevedra) leva aplicando durante varios anos o 'Decálogo de Eliminación da Hepatite C en Hospitais', aliñado cos obxectivos da Organización Mundial da Saúde (OMS).

"Unha das nosas liñas de investigación prioritarias desde hai dez anos é a procura de tratamentos para a hepatite C e de novas estratexias para lograr a súa eliminación, en liña co exposto pola OMS", explicou este xoves --Día Mundial contra a Hepatite-- o doutor Juan Turnes, xefe do Dixestivo de Montecelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta