Reaniman a un ciclista atopado inconsciente en Boiro grazas a intervención dun helicóptero medicalizado

Foi atopado incosnciente na beirarrúa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2022 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Un ciclista tivo que ser reanimado coa axuda dun desfibrilador e dunha masaxe cardíaca despois de ser atopado inconsciente este xoves en Boiro.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ás 21,30 horas no lugar de Quinteiro-Reboredo, tal e como indicaron as persoas que o atoparon e, seguidamente, alertaron ao 112 Galicia para pedir axuda.

Así, o 112 activou un dispositivo co apoio dos bombeiros de Boiro e Protección Civil, no que interveu o 061, que chegou ao lugar a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Segundo inficaron os profesionais cando chegaron ao lugar dos feitos, o home entrara en parada cardiorrespiratoria. A aeronave, coa axuda das forzas de seguridade mobilizadas --Policía Local e Garda Civil--, puido aterrar á beira do ciclista.

Helicóptero do 061 / CEDIDA - EP.  / Europa Press
Helicóptero do 061 / CEDIDA - EP. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta