A Pobra do Brollón traballa xa para evitar arrastres de cinsas tras o terrible lume do Courel

Avaliará "con tranquilidade" se declarar zona catastrófica polo incendio no Courel.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2022 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, explica que o Concello avaliará "con tranquilidade" se declarar como zona catastrófica a área arrasada polo incendio na zona do Courel, que se converteu no máis grande da historia de Galicia con 11.100 hectáreas queimadas, tamén nos municipios de Folgoso do Courel e Quiroga.

Maceda insiste en que "se analizará con tranquilidade, porque agora mesmo non hai moita présa e hai que facer as cousas ben". Así, "unha vez feita esta análise, solicitaremos esa declaración", avanza. Iso si, o rexedor entende que A Pobra xa quedaría incluída nesa declaración se a zona catastrófica considera "como un todo" á Serra do Courel.

Con todo, Maceda recalca que "agora o importante é reactivar esta situación do monte fronte a arrastres que se poidan producir ante a posibilidade de treboadas ou choivas". "Para iso están os técnicos estudando o terreo e ver onde será necesario estabilizar", detalla.

No termo municipal da Pobra do Brollón o alcalde fala dunha casa, que servía como segunda vivenda, que foi engulida polas chamas, ademais de moitos alpendres que non quedaron en pé. Con todo, insiste en que as "maiores perdas" do municipio refírense á masa forestal e ao patrimonio natural.

A Pobra de Brollón, Lugo. Incendio de Saa, na Pobra do Brollón.. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
A Pobra de Brollón, Lugo. Incendio de Saa, na Pobra do Brollón.. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta