O TSXG rexeita que se declare BIC a contorna do colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos

Era unha petición da Xunta e do Concello.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/07/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A contorna do colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos non formará parte da declaración de Ben de Interese Cultural do Colexio da Nosa Señora da Antiga --coñecido como os Escolapios-- tal e como pretendía a Xunta e recorrera o propio Concello.

Colexio Nosa Señora da Antiga (Os Escolapios)
Colexio Nosa Señora da Antiga (Os Escolapios) | Fonte: XMF.

Así o estimou parcialmente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nunha sentenza na que concluíu que non procede declarar a zona do Campo da Compañía ou da Feira como parte da declaración BIC da que goza o edificio do propio colexio.

A sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sostén erros de procedemento na xestión da declaración por parte da Consellería de Cultura.

O DOG recollía o 12 de marzo de 2021 a resolución autonómica do 25 de febreiro de 2021, na que se declaraba BIC tanto o monumento denominado Colexio da Nosa Señora da Antiga, como o Campo da Compañía, e delimitaba a súa contorna de protección.

Fora a propia Fundación do Colexio Nosa Señora da Antiga a que, nas alegacións, propuxo que se incluíse a chaira dianteira da fachada principal do colexio como parte do BIC.

Agora, o tribunal desestima a "pretensión de innecesariedade" de delimitar unha contorna de protección do monumento, xa que, xustifica, "as súas posibles determinacións xa están incluídas nas propias do Plan Especial de Protección do Centro histórico".

Contra esta sentenza cabe interpor recurso, que se deberá de presentar nun prazo de trinta días desde a sentenza con data a 27 de xullo de 2022.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta