O conselleiro defende que as ambulancias "non son dun concello ou doutro"

Responde así ao Concello de Lalín, que pide unha máis.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, defendeu, tras ser preguntado sobre a demanda dunha segunda ambulancia para Lalín, que as ambulancias ou recursos para atención emerxente "non son dun concello ou doutro", senón do conxunto do sistema galego e que a clave, cando hai unha urxencia, é "a coordinación".

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

O conselleiro defendeu que os recursos están a disposición de "todo o territorio" e, aínda que admitiu ser "consciente" dos "problemas" que hai en determinados concellos, reiterou que "o fundamental" é que, cando se mobiliza un recurso, non se trata dunha decisión "illada", senón do centro de coordinación de emerxencias.

"Cando se dan varias urxencias ao mesmo tempo, o número de ambulancias non é o principal elemento, senón a coordinación e o desvío que se fai dos recursos desde o 061", indicou.

Así mesmo, preguntado polo centro integrado de saúde de Lalín, explicou que, tras un parón "froito da crise dos prezos", buscouse "unha solución e "retomáronse as obras". "Confiamos en que se poida compensar e chegar aos prazos previstos", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta