O Festival Mundial de Maxia 'Galicia Ilusiona' chega a Verín

O 4 de agosto actuará o mago Dani García nas piscinas.

Por Galicia Confidencial | Verín | 03/08/2022 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O Festival Mundial de Maxia Galicia Ilusiona, chega as Piscinas descubertas de Verín o xoves día 4 de agosto, ás 18:00 horas, onde Dani García, ilusionista galego que fará un espectáculo que non deixará a ninguén indiferente.

Dani García no Festiclow de Vilagarcía (arquivo). Foto cedida Prensa Concello Verín
Dani García no Festiclow de Vilagarcía (arquivo). Foto cedida Prensa Concello Verín

Dani García é un artista polifacético que mestura diferentes disciplinas artísticas. Os seus espectáculos nacen das súas propias mans (xa que deseña, fabrica e da vida a efectos de maxia) e desprenden grandes doses de creatividade.

Para acceder a devandito espectáculo, as persoas interesadas tan só deberan pagar a entrada ordinaria de acceso as propias piscinas descubertas da Granxa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta