Somos Maioría dá un paso para crear un gran movemento galego

Esta corrente organizada xa en diversas cidades celebra a súa primeira xuntanza nacional en Compostela. O obxectivo é promover listas de unidade “a partir do protagonismo directo da cidadanía”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/09/2014 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Somos Maioría, o movemento que se articulou en diversas cidades galegas co obxectivo de camiñar cara a unha candidatura unitaria de partidos nacionalistas e de esquerdas de cara aos comicios locais do vindeiro ano, dá o salto do espazo local ao espazo galego.

Unha das protesta do movemento 15M en Ourense
Unha das protesta do movemento 15M en Ourense

Así, celebrará a súa primeira xuntanza nacional en Santiago de Compostela. Unha situación que se produce “ante a demanda de moitas persoas que asinan o manifesto Somos Maioría de contactar entre elas con outros asinantes de diversas localidades ou propoñendo unha reunión nacional na que intercambiar puntos de vista e que sirva para animar a promoción de candidaturas en todos os municipios”.

Nun comunicado, apuntan que os asinantes iniciais “non se consideran por ese feito con máis dereitos que ninguén” e están dispostos a “axudar a crear un espazo de entendemento para que poida darse esa transformación que todos desexan”.

O seu principal obxectivo será “promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación” e que esas lista estean integradas por “cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego”.

Esta xuntanza terá lugar o vindeiro domingo 7 de setembro no no Hotel Santiago Apostol na Costa de San Marcos de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 eueu

A ver canto tardan en botar a estes díscolos dos mandados do politburó pitoño e abstraido dos problemas do mundo...

3 AMOXEGADOR

Sendo coerente suponho que estas pessoas também concordarám em irem juntos nas próximas eleições sindicais Comisiones Obreras, UGT e mais a CIG. Qual é a diferença? Ah, e tambén com CSIF, o sindicado da vozeira de Podemos na Corunha.

2 Yago_

Eu non son pequeno burgués e nunca estiven nunha greva, pero nada, polo que dis son todos enemigos menos ti mesmo. Morte aos médicos, avogados, funcionarios, sanitarios, por traidores, pero non te preocupes, xa se encarga a burguesía de verdade de privatizalo todo con aliados maximalistas coma ti, os de todo o que eu quero ou nada, sodes unha lacra para as clases populares deste país.

1 Ulas clases medias?

As burguesías de verdade? e que hainas de mentira según o teu universo imaxinativo?. Eu falo de pequena burguesía, polo predominio dos seus asinantes, familiares aparte, algún presidente dos pequenos empresarios, que en época de boanza, explotaba aos seus empregados, baixaba soldos e dereitos, igual que os grandes empresarios burgueses. A maioría somos a clases traballadoras, según a nosa situación nos medios de producción, os que traballamos e os que non traballan por non ter traballo. Non teño mais inimigos que os inimigos dos meus intereses, se queren unirse, ben, pero que non intenten impor xa de comenzó. Que saquen os seus noxentos principios repúblicanos de liberdade, solidaridade (fraternidade) e igualdade, da revolución francesa, burguesa, gatopardista e xacobina. E o de profesión sindicalista, un insulto aos traballadores, hai traballadores sindicalistas, pero de profesión sindicalista...en fin.

1 Ulas clases medias?

Si, somos maioria, os fodi...pola crise suprema do capitalismo, mais non militamos no mesmo bando. Onde estaban estos pequenos burgueses, de clase media e clase media alta, nas grevas, cando se desmantelaba o noso tecido industrial e empezaban a pagar as culpas os mais desfavorecidos da sociedade? Burócratas, profesións liberáis, aristocracia sindical, etc.que protestaban porque chegaban tarde as suas consultas privadas ou ao bufét, diante dunha protesta. Empregados da sanidade, que servían as farmacéuticas, non a saúde pública, escarallaban a sanidade pública para desviar doentes as suas consultas privadas, e agoran piden servizos públicos, e de calidade. Non falemos do compromiso coa nosa cultura, limitado a falar de cando en vez galego, porque ia ben coa sua imaxe "progre-liberal". Conmigo que non conten, que se fod.

1 Shin-Chan

Por visións tan "patrióticas" como a túa é polo que os do BNG estades indo ao karrallo.

2 Coruñés

Esta forma de expresarse non é propia do BNG e se alguen os fai sexa do BNG ou de outra forza debe ser reprobado sin mais, sentidiño a todos é que alguns descerebrados non nos leven a enfrentarnos entre nos-