A protesta contra a invasión eólica tamén chega a Deus

O cura de Xestoso oficiará unha misa en contra dos proxectos eólicos.

Por Galicia Confidencial | Monfero | 04/08/2022 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

O cura de Xestoso, Luis Rodríguez, oficiará o vindeiro 10 de agosto unha misa en contra da invasión eólica. Será na Romaría de San Lourenzo que se celebrará no mosteiro de Monfero, organizada pola plataforma "Monfero di non aos eólicos".

Luis Rodríguez, cura de Xestoso, en Guitiriz
Luis Rodríguez, cura de Xestoso, en Guitiriz

 

Esta xornada reivindicativa comezará cunha misa ás 12.30 e ao longo do día haberá roteiros, música e conferencias.

 

O cura de Xestoso lembra que xa o Papa Francisco expresou o seu profundo aprecio polos movementos e iniciativas internacionais e locais que se crearon co obxectivo de concienciar e espertar a conciencia da xente, dicindo que "aínda será necesario que os nosos fillos saian á rúa para ensinarnos o que é obvio, é dicir, que non hai futuro para nós se destruímos o medio que nos sustenta".

 

"Non logramos gardar a Terra, a nosa casa-horta e gardar aos nosos irmáns. Pecamos contra a Terra, contra o próximo e, en definitiva, contra o Creador, o Pai bo que provee a cada un e quere que convivamos en comuñón e prosperidade", di Luis Rodríguez aludindo ás palabras do Papa Francisco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta