A morte do Papa Francisco, abre moitos interrogantes para o futuro da Igrexa Católica. A súa estrutura piramidal de mando vive nun mundo lonxe das bases que son todos os crentes, e esa distancia impídelle conectar cunha sociedade viva que vai modelando cada pouco tempo a súa maneira de ver e de enfrontarse ós problemas que ten a humanidade. Esa realidade deixa ver unha igrexa que semella superada polo dinamismo dunha sociedade en continua evolución.