Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2022 | Actualizada ás 18:35
Galicia segue ardendo. Con máis de 3.000 hectáreas calcinadas ao longo desta semana, o país segue afondando na que será recordada como a peor vaga de lumes dende que hai rexistro escrito, un horror aínda máis grande do lembrado nese anos 2017 en que as lapas tisnaron a contorna de Vigo e en non poucas cidades cheiraba a queimado.
Nun contexto de repetición no que xorden lumes distintos a cada xornada, é sinxelo esquecer a dureza inherente ao traballo dos moitos bombeiros que día a día xogan a pel para frear o avance da combustión e poñer casas e persoas a salvo. Nas últimas horas vén de xurdir un vídeo publicado en RRSS que amosa unha tensa situación no corazón do lume: "hai que escapar de aquí".
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Savia Nova (@savia_nova)
O vídeo ambiéntase entre as chamas do Monte Xiabre, un dos cumios afectados polo lume que leva xa 450 hectáreas calcinadas na parroquia de Saiar, no municipio de Caldas de Reis, e que afecta tamén a Vilagarcía de Arousa. Na extinción colaboran seis técnicos, 16 axentes, 53 brigadas, 42 motobombas, cinco pas, dúas unidades técnicas de apoio, sete avións e 11 helicópteros. Se o vídeo non se reproduce no teu navegador, podes atopalo neste enlace.
Noticias relacionadas¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Localizado un home de 83 anos desaparecido en Betanzos
- Detidas seis persoas máis pola liorta de Ribeira cun falecido
- A zona do Miño en Ourense estará en aviso amarelo por máis de 36 graos e por treboadas pola tarde
- CSIF reclama"reforzar a seguridade" despois dunha "agresión" a un sanitario no PAC de Boiro
- Comezan os labores de demolición no edificio incendiado en Pontevedra mentres regresan veciños a vivendas lindeiras
- O Ministerio de Igualdade convoca un Comité de Crise tras os nove asasinatos machistas en xuño