Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2022 | Actualizada ás 11:22
O mercado de coches de ocasión galego rexistrou unhas vendas de 7.156 unidades no mes de xullo, o que supón un 24% menos que no mesmo mes de 2021, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos.
Con estas cifras, a comercialización de turismos usados en Galicia descendeu máis do triplo que a media nacional, xa que no total de España transferíronse 144.584 automóbiles, un 7,8% menos que en xullo do exercicio pasado.
No que vai de ano, as vendas de coches usados baixaron un 15,33% na Comunidade, con 57.775 coches de segunda man comercializados entre xaneiro e xullo. A nivel nacional, este dato alcanza os 1,06 millóns de unidades, cun descenso do 4,7% en comparación co mesmo período de 2021.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.