Investigado en Miño tras deixar morrer unha cadela de fame

Deixouna abandonada nunha casa

Por Galicia Confidencial | Miño | 12/08/2022 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

O SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza) da Comandancia da Coruña investigou a un veciño de Miño como presunto autor dun delito de malos tratos animais.

Unha cadela foi abandonada ata morrer desnutrida nun novo caso de maltrato animal
Unha cadela foi abandonada ata morrer desnutrida nun novo caso de maltrato animal | Fonte: Seprona

Os feitos ocorreron o pasado mes de outubro de 2021 cando o agora investigado, abandonou a vivenda que tiña alugada cunha cadela no seu interior sen dar a viso a ningunha persoa para que se fixese cargo da mesma.

O SEPRONA iniciou unha investigación tras o comunicado recibido por parte da empresa de laceria de Abegondo encargada da retirada do cadáver do animal e da realización da necropsia, dando como resultado que a cadela presentaba un cadro de desnutrición severa, sendo a causa da morte un fallo multiorganico por inanición prolongada.

Tras múltiples xestións a Garda Civil localizou ao propietario do animal procedendo á súa investigación como presunto autor dun delito de malos tratos animais, as dilixencias instruídas foron postas a disposición do Xulgado de Betanzos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta