Feijóo: “O de tonto útil xa o usou Marx. Non sei porque lle estraña a algúns”

O presidente da Xunta di que non cre que esa expresión sexa un insulto porque “xa está noutros diarios de sesións doutras cámaras”. Di estar sorprendido polos insultos que recibiu doutras forzas políticas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/09/2014 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A primeira sesión do control ao goberno deste período de sesións comezou moi tensa. Tan tensa que  non houbo ningún dos partidos que quedara sen o seu respectivo insulto. Feijóo chamou “tontos útiles” aos do BNG e iso provocou que os grupos da oposición cualificaran ao presidente de “gilipollas”, “choni” ou “comemerda”.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo

Un día despois da bronca do Parlamento, Feijóo quixo deixar claro que o seu “tonto útil” non foi un insulto, senón que era unha expresión do debate parlamentario. “Unha cousa é un debate parlamentario e outra un insulto persoal”, dixo o presidente galego sobre os insultos que a oposición dixo sobre el, pero excluíndo, en todo caso, o que el lle adicou ao BNG.

É máis, Feijóo mesmo xustificou o uso desa palabra apelando a que se utiliza noutros parlamentos e, mesmo, ao propio Karl Marx. “Sorprendeume que alguén se incomode por unha expresión que está en varios diarios de sesións doutras cámaras e que é unha expresión tomada de Karl Marx, o que non debería molestar a algún dos grupos da Cámara”, dixo irónicamente ao ser preguntado por GC.

Feijóo destacou que este mércores, na Cámara, “volveuse vivir algo que, lamentablemente, non é excepcional”, pero quixo aclarar que esa tensión non foi motivada por ese “tontos útiles” que el empregou. “En todo caso, eu retirei esa expresión cando vin que un deputado se sentiu ofendido”, manifestou. 

Neste sentido, mostrouse sorprendido polo feito de que o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, e outros deputados da oposición o insultaran a el persoalmente. En todo caso, suliñou, o importante dos debates, dixo, “é a calidade das propostas e non a cantidade”.

Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: Xunta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 Coherencia non populismos

Non sei a que veñen aquí o das mareas? Beiras xa é un cadavre político, afogado na marea, non fai falla o ensañamento. O venderse ao españolismo para que este costeara as suas campañas electorais, semellame noxento. Mais teño que recoñecer que Beiras é un xenio, e foi dos políticos de mais nivel dos últimos tempos, pese a sua egolatría. Ademais o seu último proxecto, pese a mercenario era xenial e irrumpeu con moita forza...pero entón chegou Pablemos (que non lle chega aos nocellos) e roubandolles o seu programa populista, de cidadanismo, interclasismo, pacifismo, keynesianismo etc. (non esquecer que tanto PIT coma Monedero foron asesores de IU dez anos) pero co apoio dos medios de comunicación, e rouboulles o espazo político. É o malo do populismo, que sempre hai un mais populista ca ti.

4 Belém Estêbam e Amdreíta

Falando de mareas... ¿en que centro sanitario se operou Beiras? Estiven buscando información neste e noutros dixitais pero non vexo nada

1 Tostado

Beiras estivo no CHUS, o hospital público de Santiago. Como facía Fraga. Tal para cal.

2 Xan das Bolas

Tes razón, agora hai un centro privado de Vigo chamado "o CHUS". Estarán encantadas as deputadas de AGE en Vigo, señoritas Chelo e Solla, menudo papelón

3 Dellacova

Beiras, o que amosou á esquerda o camiño ao barranco dialéctico, gusta las clínicas privadas. Claro, outra vez o discreto encanto da burguesía.

3 Pastelao

Que nivelazo os das Mareas Ciudadanas...

2 Independencia e socialismo

Vaia presidente paifocas que temos!. O termo é do gran líder do proletariado Lenine, vido do pensamento de Marx, pero que Marx nunca o usou nos seus escritos. O amigo de Marcial, escoitouno en algures, botou man da wiki, é non investigou mais. Tamén foi usado a cotío en Occidente para definir os que apoiaban a URSS. Termo mou utilizado tamén polo periodismo anglosaxón, sobre todo polo escritor e periodista Tom Wolfe. Coido lembrar que o termo, magnifico para nomear certo xeito de actuacións, foi censurado hai certo tempo polo GC. Quedo agradecido pola sabía rectificación.

1 Vergoña allea

Narcopresidentiño debía usar: “Ya sabes como son los comunistas, siempre dicéndote lo que tienes que hacer.” pero claro, para iso hai que ter o valor e a honestidade brutal e palurda de Tony Montana e probe narcopresidente quedou só en pailán que só sabe que que "había nieve". Anda que narcoxestor xa lle vale, facendo de cristinazifuentes a ver se esquecemos todas as falcatruadas que perpetran el mais a súa banda de narcoasalariados. Que treman que o día que legalicen as drogas han ter que vivir de traballar.