Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2025 | Actualizada ás 14:45
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deixase sen executar ata 127 millóns de euros en vivenda paralelamente nun contexto de "crise estrutural" de vivenda en Galicia, e ante a que lamenta a "falta de respostas" do Goberno galego.
Así o trasladou este venres, xornada na que, tal e como informou o BNG nun comunicado, Pontón visitou a factoría do Grupo Rodiñas, no Polígono industrial de Teixeiro, en Curtis (A Coruña). "Mentres miles de persoas non poden acceder a unha vivenda", a Xunta "non é capaz nisiquiera de pór eses recursos ao servizo da cidadanía", trasladou
Conforme ha tralasado o BNG, na visita, a portavoz nacional do Bloque puido coñecer de primeira man o funcionamento desta empresa punteira en construción industrial, unha alternativa cunha "gran aposta pola innovación" e que pode ser, "unha vía máis rápida, máis eficiente e máis sustentable" para construír un parque de vivenda pública e aumentar a oferta residencial en aluguer a prezos que as familias poidan pagar.
Pontón defendeu o impulso dun novo modelo de vivenda pública que contemple tres grandes eixos de actuación: aumentar o parque público; estender a perpetuidad e a cualificación de todos os inmobles protexidos e non só os públicos e establecer unha rede de protección social que evite que "as persoas que están en situación de vulnerabilidade poidan quedar na rúa".
Tamén, defendeu a intervención no mercado libre da vivenda para limitar o prezo do aluguer de maneira que sexa asumible para as familias e os mozos.
Segundo Pontón, a Xunta ten competencias para "regular e controlar" o que pagan os inquilinos, "e debería facelo no conxunto do País".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.