CCOO tamén se suma as críticas da CIG

Ó igual que xa fixo CIG-Administración, tamén CCOO convoca unha concentración de delegados diante da sede da Xunta de Galicia para o vindeiro 14 de novembro, en defensa dos servizos públicos, e contra a externalización ou privatización destes servizos

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/10/2007 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

Na conferencia de prensa participaron o secretario xeral do Sindicato Nacional, Xan María Castro; o secretario xeral da Federación de Servizos e Administracións Públicas (FSAP-CCOO), Carlos Pardo; o secretario de Acción Sindical, Xaime López Golpe; e María Xesús Fernández e Marcos Luaña polas federacións do Ensino e de Sanidade respectivamente.

Na súa intervención, Xan María Castro expresou a «preocupación» da organización sindical «ante as iniciativas privatizadoras que está adoptando a Xunta de Galicia» en diferentes ámbitos, entre os que citou o servizo de extinción de incendios, os servizos sociais, o ensino ou a sanidade —eido este último no que, porén, se felicitou pola integración das fundacións sanitarias no sistema público—.

O secretario xeral de CCOO de Galicia tamén se mostrou preocupado polas fórmulas de contratación en determinados servizos que externalizou total ou parcialmente a Xunta de Galicia, como as 'galescolas' ou os servizos de extinción, nos que os contratos por obra substitúen os indefinidos. Isto constitúe unha contradición co pactado no proceso de Diálogo Social, no que as Administracións públicas se comprometen a fomentar o emprego estable.

Pola súa parte, Carlos Pardo criticou que os actuais socios de goberno na Xunta manteñan unha rede clientelar similar á dos seus predecesores, alimentando unha «administración paralela» que non redunda nunha flexibilidade ou redución de custos nin nun mellor funcionamento ao servizo da cidadanía.

Coa campaña e os seus actos reivindicativos, CCOO pretende «concienciar a cidadanía sobre os graves riscos» que a situación implica, tanto desde o punto de vista do funcionamento destes servizos como desde a repercusión económica. Para o secretario xeral da FSAP-CCOO, «cómpre chegar a un gran pacto coa Administración sobre que servizos, que entendemos como esenciais, deben continuar sendo de xestión pública e cales se podería estudar que concorresen no mercado».

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

13 aaaaaaaa

Vaia home!!!! Menudos son os sindicatos para falar de caciquismo!!!! Éntrame a risa. Vamos a ver: caciquismo son o que fan coas listaxes das oposicións de secundaria... Caciquismo son as informacións privilexiadas sobre oposicións das que desfrutan certos sindicatos... Caciquismo son esas fundacións dos sindicatos dedicadas a axudar a xente a buscar emprego e que, en realidade, só serven para chupar cartos. Este sindicalismo á americana, que é o sindicalismo galego de hoxe, debería extinguirse ou ser extinguido por si mesmo. O único sindicato con algo de dignidade é a CNT.

12 anónimo

Eu era dos do cambio, pero carallo pra estes, en dous anos mellorarón o caciquismo do Pp

11 Bruno

Isto mesmo está a ocorrer nos medios de comunicación públicos. Cando estaban na oposición, ben que criticaban a posta en mans dos medios privados da información producida nas delegacións da TVG. E agora non só seguen a manter a externalización, senón que lles ceden locais propiedade da Xunta, instalan neles material informático propiedade da TVG, así como material de edición de vídeo e demais. En canto a San Marcos, manteñen externalizados servizos como a montaxe das Unidades Mobiles, a montaxe e desmontaxe de decorados, o servizo de Relacións Públicas, o servizo de novas en directo. Todo elo co mantemento de baixos salarios nestes servizos e, agás as delegacións, con contratos ligados a obras pola realización de servizos que son considerados como propios da producción diaria da TVG.
Se isto é a esquerda, que alguén que o entenda o explique.
Eu non vou votar en branco, votarei cada vez máis á esquerda, a ver si a atopo.

10 anónimo

entonces este muchacho secretario "geral" de cultura -ideólogo del bloque en la coruña allá por el 2004- ¿por qué no publicará ahora la actualización de sus tesis estudiando los casos de SEAGA, SOGASERSO y demás "tinglados" clientelares?

(la situacion es bien curiosa: estudiaron el caso de tragsa a conciencia, publicaron por medio de este profesor sus conclusiones de forma crítica y, una vez en el gobierno, a otra cosa mariposa: aplican el modelo clientelar a mogollón que así les va muy bien y punto pelota)

9 Norberto

Luisa explícase moi ben.