CCOO tamén se suma as críticas da CIG

Ó igual que xa fixo CIG-Administración, tamén CCOO convoca unha concentración de delegados diante da sede da Xunta de Galicia para o vindeiro 14 de novembro, en defensa dos servizos públicos, e contra a externalización ou privatización destes servizos

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/10/2007 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

Na conferencia de prensa participaron o secretario xeral do Sindicato Nacional, Xan María Castro; o secretario xeral da Federación de Servizos e Administracións Públicas (FSAP-CCOO), Carlos Pardo; o secretario de Acción Sindical, Xaime López Golpe; e María Xesús Fernández e Marcos Luaña polas federacións do Ensino e de Sanidade respectivamente.

Na súa intervención, Xan María Castro expresou a «preocupación» da organización sindical «ante as iniciativas privatizadoras que está adoptando a Xunta de Galicia» en diferentes ámbitos, entre os que citou o servizo de extinción de incendios, os servizos sociais, o ensino ou a sanidade —eido este último no que, porén, se felicitou pola integración das fundacións sanitarias no sistema público—.

O secretario xeral de CCOO de Galicia tamén se mostrou preocupado polas fórmulas de contratación en determinados servizos que externalizou total ou parcialmente a Xunta de Galicia, como as 'galescolas' ou os servizos de extinción, nos que os contratos por obra substitúen os indefinidos. Isto constitúe unha contradición co pactado no proceso de Diálogo Social, no que as Administracións públicas se comprometen a fomentar o emprego estable.

Pola súa parte, Carlos Pardo criticou que os actuais socios de goberno na Xunta manteñan unha rede clientelar similar á dos seus predecesores, alimentando unha «administración paralela» que non redunda nunha flexibilidade ou redución de custos nin nun mellor funcionamento ao servizo da cidadanía.

Coa campaña e os seus actos reivindicativos, CCOO pretende «concienciar a cidadanía sobre os graves riscos» que a situación implica, tanto desde o punto de vista do funcionamento destes servizos como desde a repercusión económica. Para o secretario xeral da FSAP-CCOO, «cómpre chegar a un gran pacto coa Administración sobre que servizos, que entendemos como esenciais, deben continuar sendo de xestión pública e cales se podería estudar que concorresen no mercado».

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

3 xomabepo

cal era a dependencia orgánica das galescolas antes de ser privatizadas? pódese privatizar algo que non existía?

2 papo rubio

No ano e medio de mandato do goberno bipartito este xa ten amosado ás claras as liñas básicas de actuación do mesmo. Eu entendo que, no eido dos servicios públicos, o enfoque actual do goberno é un grave erro político e social contradictorio coa declaración programática do propio pacto de goberno asinado entre o PSdeG e o BNG.

O número de casos de privatizacións e/ou externalizacións da xestión de determinados servicios públicos, así como a creación indiscriminada de “entidades” ou “empresas públicas” coa intención de fuxir dun control administrativo riguroso, democrático e transparente, baixo argumento da flexibilidade ou da mellora da produtividade, demostran que, obxectivamente, este Goberno está desenvolvendo unha política baseada en reducir o público, apostando pola xestión externalizada dos servicios públicos supeditando o interese xeral ó interese político partidista.

TELEFONO DE INFORMACIÓN (Presidencia), SEAGASA (Medio Rural), SOGASERSO (Vicepresidencia), GALESCOLAS (Vicepresidencia), AGADIC (Cultura), INSPECCIÓN DE VERQUIDOS (Medio Ambiente), etc., etc., etc., son algúns dos exemplos do incumprimento programático recollido no acordo de goberno asinado entre o PSOE e o BNG, no cal textualmente dicían conxuntamente ámbolas duas organizacións políticas:

- “O Goberno Galego imponse como tarefa inmediata a revitalización da vida democrática en Galiza, co fin de incrementar a eficacia e a transparencia no funcionamento dos poderes públicos, eliminar o clientelismo e a manipulación informativa e respectar as iniciativas sociais.”

- “O Goberno galego reordenará a planta da Administración galega e creará un rexistro de entes instrumentais como primeiro paso para a súa redución ou integración na estrutura xeral da Administración.”

- “Garantía da igualdade e da transparencia no acceso aos postos de traballo no sector público galego, baseado en criterios de mérito, capacidade e libre concorrencia. O proceso de selección utilizará procedementos obxectivos.”

- “Promoción do emprego estable, redución da precariedade no sector público e no sector privado.”

- “Un sistema de benestar avanzado, baseado fundamentalmente en servizos públicos universais e de calidade que evite discriminacións persoais ou territoriais, que garanta a autonomía e dignidade das persoas.”

pois desde logo están facendo todo o contrario do que acordaron e co que se compremeteron no acordo programático ... enfín ... se non rectifican, alá eles.

eu, visto o visto ... ¡¡¡VOTO en BRANCO!!!

1 un

Quero propoñer un novo tema no confidencial : “Cacharro : Novo tertuliano da cadena SER.”