O outro camiño de Santiago: 20 quilómetros sobre unha vía do tren abandonada

A Deputación da Coruña inaugurará en breves un novo tramo da chamada 'Vía verde'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña inaugurará o domingo, 4 de setembro, cunha camiñada e unha marcha cicloturista popular o tramo que vai de Cerceda a Oroso da Vía Verde de Compostela-Tambre-Lengüelle, que discorre sobre o antigo trazado do ferrocarril entre Santiago e Cerceda, en desuso coa posta en funcionamento do Eixo Atlántico de Alta Velocidade.

Tras temrinar as obras de acondicionamento deste tramo da Vía Verde, que suman un investimento de 2 millóns de euros, agora o obxectivo é "dar a coñecer esta nova infraestrutura" que pasa polos concellos de Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso e conectará con Santiago de Compostela", explica a institución provincial.

Os participantes na camiñada sairán da estación de Queixas-Londoño, en Cerceda, e finalizará na estación de Sigüeiro, en Oroso, cun percorrido total de 21 quilómetros e pasando pola estación A Pontraga de Ordes e a Estación de Trasmonte en Oroso.

A actividade, que é gratuíta, require dunha inscrición previa que debe formalizarse entregando o formulario, de maneira presencial ou vía telemática, nalgún dos concellos polos que pasa a Vía: Cerceda, Tordoia, Ordes, Oroso ou Santiago de Compostela. O prazo termina o 1 de setembro.

Vía do tren Ourense-Monforte. ADIF
Vía do tren Ourense-Monforte. ADIF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta