Breogán-Obra, a gran final

Os composteláns venceron 83-64 o COB Ourense e o equipo lucense gañou 72-63 ao Leyma Coruña. Repítese a final do ano pasado: o Breo tentará impedir o quinto título consecutivo dos de Moncho Fernández.

Por gcdeportes | Lugo | 13/09/2014 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
Obradoiro 83:
Rafa Luz (4), Pumprla (6), Corbacho (15), Nankivil (15), Juanjo Triguero (2) --cinco inicial-- Daniel Miller (4), Maxi Kleber (17), Waczynski (10), Cárdenas (1), Giannopoulos (2), Pepe Pozas (3) e Jesús Chagoyen (4).
COB Ourense 64: Pedro Rivero (8), Tyler Brown (5), Salva Arco (8), Chase Fieler (4), Deividas Busma (8) --cinco inicial-- Christian Díaz (-),Suka-Umu (8), Edu Martínez (14), Guillermo Rejón (6) e Ben Allison (3).
Parciais: 26-9; 19-22; 17-20; 21-13.
Incidencias: segunda semifinal da 29ª edición da Copa Galicia, disputada no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. A final, Breogán – Obradoiro (domingo ás 13.00 horas, TVG2).

Nankivil, unhas das fichaxes do Obra, tira a canastra.
Nankivil, unhas das fichaxes do Obra, tira a canastra. | Fonte: @FGB_Baloncesto

Arrincou 14-0 o partido e o primeiro cuarto (26-9) decidiu o partido. O COB foi sempre a remolque e achegouse a sete puntos (64-57), pero Corbacho despexou dúbidas cunha tripla tras tempo morto de Moncho Fernández. Ao final, 83-64. Breogán e Obradoiro repetirán a final do ano pasado no Fontes do Sar, pero desta volta será no Pazo lucense.

O acerto de Keaton Nankivil (8-0) obrigou a un tempo morto tempraneiro dos ourensáns con 8-0. Tardaron os de Gonzalo García de Vitoria máis de seis minutos en anotar (14-0). Con dez minutos xogados, máis 17 para o Obra. Once puntos de Maxi Kleber elevaron a distancia ata 24 de diferencia (33-9). Waczynski axudou o alemán, pero Salva Arco, con oito puntos consecutivos, aguantou dos seus ata o descanso (45-31).

Foi a loita de Guillermo Rejón e Edu Martínez, con seis puntos cada un, quen apertou o partido (62-51) para os últimos dez minutos. De novo dúas triplas de Edu Martínez (64-57) obrigaron a un tempo morto de Moncho Fernández. Foi Alberto Corbacho quen acabou coas dúbidas do Obra, quen ao final gañou por 19 puntos: 83-64.

Repítese pois a final do ano pasado, cando o Obradoiro acadou a súa cuarta Copa Galicia consecutiva tras gañar 67-60 ao Breogán. Agora o público estará a prol dos lucenses.

Ficha técnica
CB Breogán 72:
Dani López (7), Álex Llorca (10), Matulionis (11), Van Wijk (6), Samb (14) –cinco inicial—Tamulis (3), Álex López (0), Brandon Edwards (5), Adrián Chapela (0) e Lawson Jr (10).
Leyma Coruña 63: Ángel Hernández (4), Albert Homs (13), Mutakabbir (9), Petrovic (6), Rowley (6) –cinco inicial— Chus Castro (3), Larry Abia (4), Laszlo Dobos (13) e Vujasinovic (5)
Parciais: 23-12; 21-19; 13-21; 15-11

Brandon Edwards, collendo un rebote.
Brandon Edwards, collendo un rebote. | Fonte: @FGB_Baloncesto

Arrincou con forza o Breo, cunha defensa intensa en toda a pista, que xunto aos erros do Leyma, fixo que o marcador cegase ata un 17-2. Mutakabbir amañou un pouco a cousa para os coruñeses con dúas triplas. Ao final do primeiro cuarto: 23-12. Melloraron un chisco os de Tito Díaz no segundo cuarto, pero Álex Llorca mantivo a distancia para o Breo no descanso: 44-31.

Grazas a defensa, o Leyma achegouse no terceiro cuarto cun parcial de 13-21, que poñía emoción para os últimos dez minutos (57-52). Pero o Breo non se deixou sorprender e acabou imponiéndose por 72-63. Mamadou Samb foi o mellor nos lucenses, con 14 puntos e 4 rebotes. Tamén deixou boa impresión Kenny Lawson Jr, que chegou o xoves pero fixo 10 puntos e 6 rebotes en 18 minutos. Nos coruñeses, Albert Homs e Laszlo Dobos, ámbolos dous con 13 puntos e 5 rebotes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta