Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 17:52
A película 'O home e ou can', unha homenaxe ao neorrealismo con forma de drama sobre a soidade dos maiores e a crise demográfica do rural, estrearase no marco da XXVII edición do Festival Internacional de Cinema de Ourense.
O filme, patrocinado pola Deputación de Ourense e gravado en branco e negro, rodouse en localizacións de San Cristovo de Cea, Ourense e San Cibrao das Viñas, pertencentes á provincia ourensá.
Nun comunicado, a Deputación sinalou que a mañá deste martes tivo lugar a proxección dun avance da película no cal estivo presente o presidente do goberno provincial Manuel Baltar. Desta forma, Baltar expresou a súa satisfacción por ver a Ourense como "un protagonista máis" da película e sinalou o traballo que fan desde a Deputación para consolidar un espazo de cinema "co festival de Galicia e o máis importante do noroeste da Península", remarcou.
O director da película, Ángel de la Cruz, destacou o papel que xoga a cidade no filme xa que "as propias localizacións son parte protagonista da historia". Así, da Cruz afirmou estar "encantado" pola acollida que tivo entre os veciños cos que rodou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.