O Instituto Tecnolóxico de Galicia investiga como fabricar drons máis baratos

Lanza unha nova firma 'spin-off' orientada a este mercado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) acaba de lanzar unha nova spin-off "coa fin de avanzar e dar resposta ás necesidades do sector dos drons", indica. A nova empresa, denominada ITG Drone Solutions, "nace para achegar ao mercado as solucións tecnolóxicas creadas polo equipo de enxeñaría de sensores e drons do centro, nunha contorna de demanda crecente do sector".

En concreto, explica que ofrece solucións ás necesidades de autonomía e automatización no mercado dos drones. Segundo David Vázquez González, director de desenvolvemento de negocio de ITG Drone Solutions, "xurdiron unha enorme cantidade de operadores de UAVs que xestionan as súas frotas de forma manual, limitados, ademais, polas propias restricións dos aparellos".

"Chegamos para achegar ferramentas que permiten axilizar as operacións e reducir os enormes custos operativos aos que se enfrontan os profesionais de aparellos non tripulados de todo o mundo", apunta.

Proxecto do Instituto Tecnolóxico de Galicia. ITG
Proxecto do Instituto Tecnolóxico de Galicia. ITG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta