Pillada in fraganti cando quería prender lume ao monte

A Policía Autonómica investiga a relación desta muller con sete incendios rexistrados na zona desde o 13 de agosto

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Unha muller foi sorprendida cando se desprazaba por un monte do municipio ourensán de Amoeiro con pastillas de aceso e un chisqueiro para, supostamente, provocar un incendio forestal.

A identificación desta individua produciuse no marco do dispositivo articulado na parroquia de Trasalba pola unidade de investigación de incendios da Consellería do Medio Rural despois de rexistrarse sete incendios forestais na mesma zona desde o 13 de agosto.

Esta alta actividade incendiaria motivou a apertura dunha investigación na que foron localizados artefactos incendiarios e pastillas de aceso nas áreas afectadas por estes lumes, que, entre todos, non chegaron a alcanzar a héctarea de superficie afectada.

A Policía Autonómica é a encargada de realizar a investigación para determinar a relación da persoa identificada cos sete incendios rexistrados na zona. A muller foi posta a disposición juidicial en calidade de investigada.

OUTRAS INVESTIGACIÓNS

Ao longo deste verán, a unidade de investigación de incendios forestais da Xunta localizou outros artefactos incendiarios en montes dos distritos de Vigo-Baixo Miño, Caldas-O Salnés e Santiago-Meseta Interior.

Entre os dispositivos empregados están artefactos provistos de cabichas con sistemas de ignición para prender lume no monte de forma retardada ou papeis de xornal apillados. A Xunta resalta que estes indicios "avalan a intencionalidade dos lumes ao ser acendidos de forma premeditada".

Unha muller identificada cando levaba pastillas de aceso e un chisqueiro para presuntamente prender lume nun monte de Amoeiro / XUNTA / Europa Press
Unha muller identificada cando levaba pastillas de aceso e un chisqueiro para presuntamente prender lume nun monte de Amoeiro / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta