A Xunta advirte dun inicio de curso "caótico" pola aplicación da Lomloe

Arrincará o vindeiro 8 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2022 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, advertiu de que o inicio do curso escolar, aínda que xa maioritariamente 'pospandémico', estará marcado pola "caótica" aplicación da nova lei de educación (Lomloe), que xerará problemas por unha xestión "improvisada".

Así se expresou este domingo o conselleiro en Leiro, onde participou xunto ao titular de Medio Rural, José González, na recepción de autoridades da XXXI Edición da Festa da Vendima. Rodríguez explicou que este "xa inmediato" inicio de curso --arrinca o oito de setembro para todos os niveis menos o universitario-- estará marcado por tres cuestións.

Por unha banda, a desaparición "practicamente maioritaria das restricións Covid", co que será "o primeiro curso pospandémico real que vai posibilitar que o profesorado faga o que ten que facer: educar aos nenos".

Outro factor será a aplicación da Lomloe nos cursos impares. "Xa dixemos en diferentes ocasións que a aplicación é caótica e absolutamente descoidada por parte da Administración do Estado. Nótase en moitos aspectos: novos libros, cambios metodolóxicos, novos criterios de avaliación... e todo moi precipitado", apuntou o titular de Educación.

A este respecto, defendeu que todas as Comunidades, independentemente do partido político que as goberne, aplicaron 'sentidiño" á implantación dunha lei "desproporcionada e sen sentido". Por último, Román Rodríguez incidiu tamén no peso do incremento dos custos vinculado á inflación.

Neno xoga nun centro educativo / Xunta.  / Europa Press
Neno xoga nun centro educativo / Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta