Rueda presiona ao PSdeG para que aclare se quere ou non pactar co PPdeG para botar a Jácome

Rueda pídell que "se aclare" sobre unha eventual moción de censura en Ourese e afirma que o PP "ten autonomía".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2022 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O presidente do Partido Popular de Galicia e da Xunta, Alfonso Rueda, pediu aos socialistas "que se aclaren" sobre unha eventual moción de censura contra o alcalde de Ourense, porque "o tema da gobernabilidade é suficientemente serio" como para saber "se a proposta que realizan ten posibilidade de sustentarse ou simplemente foi un globo sonda".

En declaracións aos medios este luns, o dirixente popular incidiu en que o Partido Popular no Concello de Ourense "ten autonomía" para tomar decisións, algo que, dixo, "non parece que suceda no Partido Socialista".

Por iso pide "que se aclare se a proposta vai ser desautorizada por outras autoridades do partido". Mentres, sostivo que "o único criterio" que lle esixen ao PP ourensán é que "garanta a gobernabilidade do concello, algo que non é nada fácil".

Así lembrou que o PP de Ourense "recibiu unha proposta", aínda que dixo descoñecer se "do grupo municipal do PSOE ou dalgún dos seus integrantes", pero que foi "descualificada ou polo menos posta en cuestión por outros responsables do PSOE e a outros niveis de Galicia". Unha situación que, para Alfonso Rueda, "é un síntoma máis de como está o partido non só en Ourense, senón en Galicia" e por iso "é moi difícil seguir falando mentres isto non se aclare"

SITUACIÓN DO PSOE

O Partido Socialista de Ourense trasladaba a pasada semana avances nas negociacións sobre un acordo dunha posible moción de censura co Partido Popular, para recuperar a alcaldía que ostenta Gonzalo Pérez Jácome. Era o propio secretario provincial da formación, Rafael Rodríguez Villarino, quen explicaba que "houbo contactos moi restrinxidos", pero que "esta vez podería chegarse algún tipo de acordo porque as negociacións van por moi bo camiño".

Con todo, na mesma xornada respondeu a Comisión Executiva Municipal do Partido, un órgano que preside Noelia Rodríguez, quen rivalizou en procesos internos con Rodríguez Villarino, e fíxoo para trasladar por escrito que a Comisión "non tivo ningún tipo de contacto nin participou en ningún tipo de reunión coa nova dirección local do Partido Popular na cidade".

Neste sentido, engadiu que xa puxeran a situación en coñecemento da dirección nacional do partido, porque "calquera reunión que se producise a título individual non ten o aval da dirección local do partido".

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pousa despois dunha entrevista con Europa Press / Álvaro Ballesteros - Europa Press /
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pousa despois dunha entrevista con Europa Press / Álvaro Ballesteros - Europa Press /

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Haberá que preguntarlle aos veciños de Ourense se queren ou non queren Dúas Torres no Miño de 25, 30, 35, ou 50 plantas? Agora ca Deputación xa está salvada pola tránsfuga fichada por Baltarín, só queda decidir a comisión que vai levar Villarino ~ PSdG ?