Rueda responsabiliza ao PSdeG e as súas "leas internas" de que Jácome siga gobernando en Ourense

Di que a moción de censura en Ourense é "asunto pechado" despois de que o PSOE "se desmentiu a si mesmo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, manifestou que a posibilidade dunha moción de censura entre populares e socialistas para desaloxar da Alcaldía de Ourense a Gonzalo Pérez Jácome é un "asunto pechado" despois de que o PSdeG "se desmentira a si mesmo".

Este mércores en Santiago, Rueda pronunciouse, a preguntas dos medios, sobre a decisión adoptada o martes pola dirección do PSdeG de descartar definitivamente a posibilidade de negociar co PP unha moción de censura no Concello de Ourense.

Para o presidente dos populares galegos, que días atrás pedira aos socialistas que "se aclarasen", o debate sobre a moción de censura serviu para "ver o que realmente" é o Partido Socialista que, ao seu xuízo, "abriuse en canle" con este asunto.

Rueda apuntou que a moción de censura "foi unha proposta do PSOE de Ourense que, en canto a fixo, antes de empezar a considerala; xa empezaron os desmentidos, as leas". "O día a día do Partido Socialista", indicou.

"Non hai nada que considerar posto que o PSOE finalmente desmentiuse a si mesmo", resolveu Rueda despois de sentenciar que a moción de censura en Ourense é "asunto pechado".

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista con Europa Press, no seu despacho de San Caetano.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista con Europa Press, no seu despacho de San Caetano.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta