Extinguido o incendio de Oímbra tras calcinar case 100 hectáreas en tres días

O lume de Cenlle está estabilizado e o de Melón dáse xa por controlado.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 31/08/2022 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

A situación dos incendios mellorou nas últimas horas en Galicia e, especialmente, na provincia de Ourense, ás portas das primeiras choivas que se espera para o inicio de setembro, o cal tamén aspira a mellora a situación do campo en plena plealerta por seca e cos encoros en descenso.

Segundo informou no seu último parte da xornada a Consellería de Medio Rural, o incendio de Oímbra, que se acendeu na parroquia Bousés tras entrar por Portugal o pasado luns, quedou extinguido ás 19,10 horas deste mércores. A estimación realizada sitúa agora as hectáreas calcinas en 96,11, das cales 25,98 son arboredos e o resto (70,13) de monte raso.

Para aplacar este lume forestal, destináronse doce axentes, 26 brigadas, 16 motobombas, catro pas, catro avións e catro helicópteros.

ACTIVOS

Un helicóptero traballa na extinción dun incendio
Un helicóptero traballa na extinción dun incendio | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Doutra banda, permanecen activos dous incendios de máis de 20 hectáreas na provincia de Ourense, pero ou ben está estabilizado, no caso do orixinado na parroquia da Pena, en Cenlle; ou controlado, o de Melón --na parroquia de Quins--.

No caso do lume forestal de Cenlle quedou estabilizado ás 15,15 horas deste mércores. Foron mobilizados tres técnicos, 26 axentes, 66 brigadas, 38 motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio, oito avións e nove helicópteros. As estimacións apuntan a que afectou a 62 hectáreas.

Pola súa banda, o incendio en Melón, que segundo as estimacións provisionais queimou 75 hectáreas, permanece controlado desde algo antes das 20,00 horas do martes 30 de agosto. Así, foron mobilizados 14 axentes, 24 brigadas, 17 brigadas, unha pa, catro avións e tres helicópteros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta